20 de out. de 2012

Fotos do cole xa vai algún tempo

De que ano serán as fotos?. Algúen se atreve a dicir un ano? Coido que haberá que preguntarlle as máis veteranas do cole para ver se saben algo. A distribución é algo diferente nas pistas, as esqueiras son diferentes, a entrada ó patio cuberto tamén, algunhas árbores aínda non están, outras xa voaron, a zona de secretaría é diferente, faltan algúns xardíns, faltan algunhas das rampas, en fronte o comedor había enredos para os máis pequenos... A verdade é que hai cambios dabondo. O que sí xa estaban eran as Piscinas de Campolongo, pois as pistas xa estaban feitas. Non si?
Pois nós dende aquí calculamos que poden ser preto de 1990. Temos que ver en que ano se inaguraron as piscinas e xa estaremos preto do ano.

Por certo, un dos cambios para nós, é o da distribución do campo de fútbol, está en diagonal !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario