17 de out. de 2012

Captación de xogadores para o Teucro-Balonmán

Hoxe estiveron connosco catro adestradores das diferentes categorías do Teucro Balonmán de Pontevedra, Sergio Carballeira, Anxo Otero, Fran Domato, Laura Del Castillo, e un xogador do primeiro equipo, Cesar Armán. Falaron de como está organizado o clube e de que como están a traballar cos seus equipos, e dos moitos amigos que fixeron estando no clube e xogando a balonmán.

Comentáronnos que mañá hai unha xornada de portas abertas para todos aqueles que queiran probar e coñecer mellor este deporte. O horario para todo o curso vai ser os xoves de 16:30 h a 18:00 h. nas nosas pistas do colexio CEIP Campolongo,  dentro das Actividades Extraescolares que organiza o centro en colaboración coa  Empresa  Anias.

Animaron a todos os que teñan indeción de que deporte practicar a que entren neste mundo do balonmán, onde sempre houbo moita tradición en Pontevedra. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario