28 de out. de 2012

Reciclalandia!

A semana pasada rematamos a segunda unidade didáctica "Recicalandia", realizada con 6º de Educación Infantil ,1º A, B, C e D de Educación Primaria.

Con ela aprendemos moitas cousas sobre o medio ambiente: a coidalo e non ensucialo, a separar os residuos de forma lúdica para poder reciclalos, a observar que con materiais de refugallo se poden facer moitos xogos divertidos e fomentar a creatividade e a fantasía dando novo uso a cousas que semellaban non telo.

Aquí tendes o álbum!

Ningún comentario:

Publicar un comentario