25 de mar. de 2013

Unidade 5 e 6 1º nivel do 1º ciclo

Aquí tendes os álbumes que recollen diversas fotografías realizadas nas Unidades Didácticas 5 (Coordino o meu corpo) e 6 (Cooperando) que se desenvolveron na segunda avaliación co 1º nivel do 1º ciclo.

Na primeira coñecemos as posibilidades coordinativas do corpo: recepcións, tiros, pases, saltos... empregando ou non diversos obxectos, fundamentalmente balóns de distintos tamaños.

Por outra banda, na segunda, practicamos xogos cooperativos, cooperativos-competitivos e de confianza; concienciándose da importancia de coordinarse en equipo para acadar unha meta ou obxectivo determinados.


Ningún comentario:

Publicar un comentario