Algúns remedios populares:
1) Cortar un anaco dunha folla fresca de aloe vera, aplicar directamente a súa polpa sobre a zona afectada ou, si se prefire, mediante unha gasa. O seu zume ten unha acción analxésica que mellorará a lesión e, ademais, facilitará a súa cicatrización.
2) Aplicar unha capa xenerosa de mel sobre a queimadura. O mel exerce un efecto analxésico e antibacteriano.
3) Extender aceite de oliva sobre a zona queimada, e logo rociar por riba un pouco de sal mariña. Ao principio, sentirase certo ardor, pero paga a pena, xa que evita a aparición da molestia da ampola. Finalmente, protexer cunha gasa e esparadrapo.
4) Aplicar yogur natural sobre as queimaduras pequenas, xa que favorece a súa cicatrización e a súa curación.
5) Aplicar directamente a clara dun ovo sobre a queimadura e deixar actuar durante media hora. Así impedirase que a pel se deshidrate.
6) Aplicar a pel transparente da cebola sobre unha queimadura pequena para evitar a ampola.
Traballo feito no curso pasado por Pablo D. (6ºB)
Ningún comentario:
Publicar un comentario