Amosando publicacións coa etiqueta Fotos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fotos. Amosar todas as publicacións

27 de xuño de 2021

GALEFAS 2021

6B 


6A
Algúns dos máis pequenos do centro entran con forza no grupo Galefas.  Outros deixan o noso centro para continuar, no instituto ...  esta xeira paradoxal que vive a nosa lingua: O galego semella unha lingua estranxeira na nosa terra.  Recordamos en honor a eles o poema "Sementeira" de Florentino Cuevillas:  «Non desesperedes, os que de verdade sintades a emoción galega, seguide sempre con fe, e si se vos ocorre pensar acaso que sementades ou se solo esparexedes, desbotade ise pensamento e tede por certo que calquer traballo, grande ou pequeno, duro ou livián, que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira»

11 de feb. de 2020

Fotos probas DAFIS

Fase provincial en Vigo do Cross Escolar do curso 2019-20


Saída Cross Castrelos en Vigo
Noelia Q. S. (5ºB)
Despois de clasificarse en Pontevedra, Noelia Q. S.  e David F. F. de 5ºA, animáronse a participar na fase provincial que se celebrou en Vigo. Aquí temos algunha das fotos que non enviaron da xornada.

17 de xan. de 2020

"Cross escolar Campo a Través 2020" na Illa das Esculturas

Noelia (5ºB)
Alicia 5ºB

Percorridos
5º Primaria Feminino

Saída dos de 5º Feminino
Saída dos 5º  Masculino
Alumnado de 5º de Campolongo
A  Illa dás Esculturas acolleu este venres 17 de xaneiro  unha nova edición do cros escolar Campo a través, no que participaron, por fin con bo tempo, numerosos centros escolares da cidade pontevedresa.  A competición, que se se iniciou ás 10.30 horas e finalizou pasadas as 12.30 horas da mañá, reuniu en na Illa das Esculturas de Pontevedra a alumnos e alumnas do CEIP Xunqueira I, Xunqueira II, CPR Sagrado Corazón , CEIP Parada Campañó, CEIP Santo André de Xeve, CEIP Manuel Vidal Portela, CEP Marcón,  CEIP  Froebel e por suposto o noso, o CEP Campolongo. O percorrido, ameno e apto para todos os novos atletas, transcorreu pola contorna da  Illa dás Esculturas, un terreo propicio para a práctica do atletismo ao aire libre e no que se adestran normalmente atletas da talla de Javier Gómez Noya  e outros moit@s que temos nesta cidade chea de grandes deportistas.  Destacamos en xeral a boa organización, e en particular  o entusiasmo e a  boa participación de tod@s @s da nosa escola,  onde  se clasificaron para a Fase Provincial (sábado 1 de febreiro no parque de Castrelos en Vigo), Alicia P.M e Noelia Q.S.  de 5ºB, que  acadaron o 8º e 9º posto,  e en chicos David F. F.  (5ºB)  que chegou de  10º .  -  Ver clasificicación das chicas de  5º  -  Ver clasificación de 5º Masculino  - Ver resultados de  toda a competición.   Ver máis fotos   - Ver máis fotos na páxina web do cole. -  Ver normativa Provincial Castrelos para os clasificados

2ª Milla Saudábel dos de 3º

2ª Milla 3º primaria





Ver máis fotos

5 de dec. de 2019

1ª Milla Saudábel dos de 1º


1º A/B/C



Coa profe Laura



Por fin os de 1º fixeron a esperada Milla Saudábel. Todos supercontent@s correndo coas súas mestras.  Só tivemos o percance de non poder facela completa porque hoxe estiveron pintando no patio dos maiores (enriba da piscina), pero de todos xeitos foi impresionante o bo ritmo da maioría dos participantes.
Ver máis fotos  - Máis fotos na páxina web do cole
Ver fotos de outros cursos

4 de dec. de 2019

Trompada 2019


Trompada 2019




4ºB



Gañadores dos diferentes niveis
Os de 1º
Unha boa xornada na Trompada 2019 nesta primeira semana solheira do remate do outono. Como sempre foron moitos os participantes en case todos os niveis. Os gañadores da Trompada 2019 foron Miguel (6º) Nicolás (5º), , Yeray (4º), Pablo García (3º), Hugo (2º) e Nico (1º)

Ver máis fotos

18 de nov. de 2019

1ª Milla Saudábel dos de 4º


1ª Milla saudábel dos de 4º




O tempo segue dando pequenas treguas moi oportunas para poder seguir facendo a Milla Saudábel. Tiñamos pendente facer a de 4º e conseguimos facela hoxe 18 de novembro. Para mañán xa dan de novo mal tempo ... pero "Nunca choveu que non escampara" e aquí temos a demostración. Ver máis fotos  - Máis fotos na páxina web do cole

8 de nov. de 2019

Magosto 2019

Paracaídas
Cucaña


Muíño
Relevos




Bolos
Comendo castañas


Cantando
Ver máis fotos  - Ver plano dos xogos

Xúntanse aquí algunhas das primeiras fotos do Magosto 2019. Temos que dicir que tivemos moita sorte co tempo  despois de toda a semana con choiva, escampou xusto un pouco antes de comezar os xogos e estivemos a punto de suspendelos porque aínda houbo  ameaza con algún orballo. Finalmente saíron as raiolas de sol que fixeron que o día fora case espectacular para disfrutar do magosto.

11 de out. de 2019

O Clube Estudiantes Baloncesto en Campolongo


4ºB
3ºA

4ºA




4ºC
Esta semana estivo connosco Pablo Loira, monitor do clube , animando ó alumnado desde  1º a 4º  para xogar a baloncesto co clube Estudiantes de Pontevedra.