Amosando publicacións coa etiqueta Mascotas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mascotas. Amosar todas as publicacións

2 de dec. de 2017

Concurso de Mascota para Xadrez - 2017


Os primeiros  debuxos presentados por Paula A. T. e Aldara O. P.  de 5ºB    para o Concurso de  Mascota de Xadrez. Os dous de Paula xa teñen nome: Axedrulo e Axendru

O prazo para presentar traballos segue aberto ata o 15 de decembro.

Ver outras mascotas

9 de xuño de 2013

Mascotas gañadoras de E. Física




Aquí temos as tres mascotas de E. Física gañadoras.

Sabela Alonso Freire - Buxo
Sabela Álvarez Lariñó - Cangulongo
Adriana Ayude Tilve - Crocolongo

11 de xan. de 2013

Dúas novas mascotas

Estas dúas mascotas foron elaboradas por nen@s de 2º A.



BOXER, por Daniel Cernadas.


LONGOGUEPARDO, por Daniel García.

23 de dec. de 2012

Mascotas de 1ºA

Clica na imaxe para ver todas as mascotas de 1ºA. Máis adiante faremos unha pequena selección con esta últimas que estań a chegar. Os que queirades participar tedes que entregarlle os debuxos ós vosos mestres de E. Física (Magdalena, Sebas ou Nito).


Vér todas as mascotas.

12 de dec. de 2012

Charlie e Coelongo

De Mascotas E. Física
De Mascotas E. Física
Dúas novas mascotas presentadas para E. Física, a primeira de Antía C. de 6ºA e a segunda de Esteban D. F. de 6ºB- Axiña as poremos nas enquisas.

11 de dec. de 2012

Anxo de María C.

De Mascotas E. Física

Unha nova mascota de María C. A. de 6ºA. Cando teñamos tres máis colocarémola nas enquisa para poder votala.

5 de dec. de 2012

Oitopatas


Temos unha nova mascota, Gonzalo D. C. de 6ºB. Como el non lle puxo nome, de momento nós poñémoslle OITOPATAS. Iremos metendo algunha enquisa sobre mascotas para que vaiades votando e logo escoller a mellor. Se algún se anima a facer algunha mascota nestes días pode enviala por correo electrónico e será incluída.

20 de nov. de 2012

Castidepor

De Mascotas E. Física
Castidepor quere participar no concurso de "Mascota E. Fśica" Esta mascota está feita por Ethan de 5ºA

Crocolongo

De Mascotas E. Física
Un novo de debuxo para o concurso de "Mascota de E. Física". Este está feito por Adriana de 5ºA

19 de nov. de 2012

Cangulongo

De Mascotas E. Física
Outro debuxo para o concurso "Mascota para E. Física". Imos ter moi difícil escoller a gañadora, as mascotas van mellorando. Coido que imos ter que quedar con case todas. Esta mascota está feita por Sabela A. L. de 6ºA. Noraboa tamén polo debuxo e grazas por participar.

18 de nov. de 2012

Buxo

De Mascotas E. Física
Esta é a mascota que fixo Sabela A. F. de 5ºB, para o blogue de E. Física. Coido que de momento é a máis bonita. Noraboa.

25 de out. de 2012

Concurso: Anagrama para E. Física

De Mascotas E. Física
Durante este Primeiro Trimestre recolleranse debuxos para logo elixir o anagrama de E. Física, este ben pode ser unha mascota ou algo que poida simbolizar esta materia, e onde máis lucirá será no blogue de E.Física. Recorda que as liñas teñen que estar ben remarcadas para logo podela escanear e publicar correctamente. Deixamos arriba un dos debuxos xa candidatos. De momento non comunicamos o seu nome para logo facer unha votación o máis imparcial posible.