11 de nov. de 2016

Magosto 2016

 Este ano tivemos de novo o Magosto. O tempo acompañounos. Dában algo de chuva pero aguantou ata o remate das clases.
Houbo un pouco de todo: xogos, música e castañas. Deixamos aquí algunhas das fotos que fixemos.  Cando teñamos as dos que cantaron porémolas.
A festa do trompo farémola o luns, no recreo, imos facer unha "trompada".  "Polo San Martiño trompos ó camiño" e "Polo San Andrés trompos ós pés". Que bailen e quen non paren.
Recordade que é preciso ler o Manifesto para que a xeira sexa completa.
Viva o Magosto.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario