21 de mar. de 2018

"As Guerreiras de Ouro" en Pontevedra - Waterpolo Feminino






Coa capitana do equipo



Pontemuíños acollerá un partido da Liga Mundial de waterpolo entre España e Hungría .    Os vindeiros días 22, 23 e 24 de marzo a cidade de Pontevedra, e concretamente a piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, serán escenario do mellor waterpolo feminino europeo. A nosa cidade albergará a primeira edición da Superfinal da Europa Cup de Waterpolo Feminino, torneo organizado pola Federación Europea de Natación (LEN), no que participarán a seis mellores seleccións do continente como son Holanda, Italia, Hungría, Rusia, Grecia e España, e xogarán por acadar o título de campión da LEN Europa Cup Pontevedra 2018.
Dentro dos actos de promoción da Europa Cup,  hoxe mércores 21 de marzo de  10:00 a 11:30 h o Concello de Pontevedra celebrou un acto de benvida ao equipo da selección española de waterpolo, que tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra. O CEP Campolongo levou ao acto de presentación como representante da escola ó grupo de 6ºB, e nunha das fotos conseguimos facer unha coa capitana do equipo, Pilar Peña. Participaron tamén os colexios de Xeve, Doroteas, Manuel Vidal Portela, Salvador Moreno e o IES Sánchez Cantón. Por suposto animaron a tod@s a participar  neste campionato que se celebra por primeira vez na nosa cidade.
As «Guerreiras de Ouro», alcumo co que se coñece á selección española de waterpolo feminina, convertéronse nunha das maiores potencias do mundo deste deporte, tras conquistar no último lustro, a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 e proclamarse campioas do mundo en 2013, campioas de Europa en 2014 e subcampioas do mundo en 2017. 
As entradas para asistir ás diferentes xornadas e partidos da Europa Cup de Waterpolo serán de balde  ata completar o aforamento das instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur.   Ver nova na prensa
Xogadoras da Selección  Española: Alejandra Aznar, Marta Bach, Paula Crespi, Anna Espar, Clara Espar, Laura Ester, Judith Forca, Maica García, Paula Leiton, Helena Lloret, Beatriz Ortiz, Matilde Ortiz, Pilar Peña  e Elena Sánchez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario