Para 1º e 2º |
En vista da suspensión das clases durante as dúas próximas semanas (16-03-20 ao 29-03-20) presentamos unha proposta para que o alumnado poida realizar exercicio.
É ben coñecido por todos que a actividade física aporta moitos beneficios á saúde, pero nestes momentos resulta imprescindible que os nenos e nenas teñan algún momento para poder realizar exercicio. Tendo en conta a imposibilidade de saír á rúa e a limitación de espacio e material propoñemos unha actividade de “Ioga”. Unha disciplina que aporta beneficios tanto ao corpo como a mente.
A través do Ioga os nenos/as exercitan a súa respiración e aprenderán a relaxarse, algo que lles axudará a superar esta situación de estrés.
Realizarán a mesma rutina 2-3 veces e, se o desexan, poden gravar a última sesión. As “clases” teñen unha duración de 18:26 minutos, só é preciso unha estirilla (colchoneta ou alfombra antideslizante) e un soporte donde reproducir o video. Aínda que se pode realizar a calquera hora do día, o ideal é pola mañá, preferiblemente non ter inxerido sólido dúas horas antes. Despois da actividade realizaremos a rutina de aseo.
Procuraremos que estean concentrados (nun lugar silencioso) e cómodos (roupa lixeira). Podendo acompañar esta actividade o resto de membros da familia. (Ver documento en PDF)
Ver as recomendacións para os demais cursos (3º, 4º 5º e 6º)
Ver as recomendacións para os demais cursos (3º, 4º 5º e 6º)
Ningún comentario:
Publicar un comentario