1º- Buscar un cadro apropiado que me guste e que non fora xa escollido por algún compañeiro/a (para non repetir).
2º- Ver como podo representalo. A temática que se busca dentro da E. Física é a Expresión Corporal (teatralizar algo).
3º- Buscar a información sobre o cadro. Elixir só o máis importante, máis de 1 minuto de vídeo xa pode ser moito, depende do cadro, de si hai tomas falsas, etc.
4º- Escribir e Aprender o texto que se vai a dicir antes de gravar ( o texto escrito debe enviarse tamén acompañando o vídeo) . Os que non o fixeron aínda o poden facer para completar o traballo
5º- Mirar a cámara se o fago en directo (esto sería o máis completo).
5º- Mirar a cámara se o fago en directo (esto sería o máis completo).
- Se eu non quero falar diante da cámara, podo grabar un audio e poñelo no video
6º- Teño que usar expresións vivas do persoir@ elixido (facer teatro). Exemplo: Si elixo “Muller cordobesa” , teño que dicir “Eu son ...” ou “O meu nome é Dolores Castro ... (o nome da muller cordobesa que está dentro do cadro). Ver ligazón anterior.
7º- Hai que por dúas imaxes para comparar, a do cadro orixinal e a do alumno representando o cadro. En resumo teño que meterme dentro do cadro, non falar desde fora.
8º- Reducir o peso do vídeo. O normal é que pese entre 9 e 20 megas máximo. Se són pesados o blog non funciona ben. Algúns xa os estou a reducir eu, pero si facilitades o traballo agradécese.
NOTA: Aqueles traballos que non cumpran estas normas igual non se poñen no blog, aínda que eu dou por feito que o alumno/a entregou o traballo e non ten porque repetilo se non quere.
Os traballos que non se repitan e que teñan un mínima calidade poránse na Etiqueta " "Cadros Vivos " do blog de Dinamización .

Ningún comentario:
Publicar un comentario