3 de maio de 2020

TAREFA IV - Confinamento para os de 4º - (2 semanas)- Do 4 ó 15 de maio


 Con 3 pompóns ou con pelotas pequenas, ou con calquera outro material lixeiro que caiba ben na man hai que conseguir lanzar os tres elementos  seguidos sen que caian. Ver exemplo.   Importante: Practicar moito. As notas que se poñen aquí son orientativas,  só se contará para mellorar a nota que un ten xa de media até agora. Se se sacas menos puntuación que a que un ten non se terá en conta.

Pasos a seguir para dominar a Tarefa  IV:  (Ver a progresión en vídeo)
FASE I. 3 lanzamentos con 2 malabares coa MAN DOMINANTE (os diestros a dereita, os zurdos a esquerda): cando lanzo a primeira e antes de que caia teño que lanzar a segunda para coller a primeira e logo a segunda. Facendo esto 3 veces coa dereita sería un APROBADO -5  puntos
FASE II.  O mesmo que na Fase I pero agora  coa MAN CONTRARIA.  Esto sería u APROBADO -6.
FASE III.  5 lanzamentos con 2 malabares coa mesma man, e logo outros 5 lanzamentos coa outra man. Non se validaría se non se fai a FASE II. Esta fase sería un NOTABLE -7/8
FASE IV. 3 lanzamentos con 3 malabares.  Esta fase sería SOBRESALIENTE-9
FASE V. 5 lanzamentos con 3 malabares.  SOBRESALIENTE-10

NOTA: O alumnado que por calquera circunstancia non poida facer esta actividade pode elexir unha das 10 propostas que se indicou na TAREFA 1

Ningún comentario:

Publicar un comentario