27 de xuño de 2021

GALEFAS 2021

6B 


6A
Algúns dos máis pequenos do centro entran con forza no grupo Galefas.  Outros deixan o noso centro para continuar, no instituto ...  esta xeira paradoxal que vive a nosa lingua: O galego semella unha lingua estranxeira na nosa terra.  Recordamos en honor a eles o poema "Sementeira" de Florentino Cuevillas:  «Non desesperedes, os que de verdade sintades a emoción galega, seguide sempre con fe, e si se vos ocorre pensar acaso que sementades ou se solo esparexedes, desbotade ise pensamento e tede por certo que calquer traballo, grande ou pequeno, duro ou livián, que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira»

Figuras Acrobáticas con Xela Arias Castaño - Letras Galegas 2021


 Ver na Revista Escolar

Entrevista a Verónica Boquete (futbolista galega internacional)

15 de abr. de 2021

A Federación de Atletismo busca a súa mascota entre os seus atletas federados

 A Federación busca mascota .  No día de hoxe publícanse as bases do concurso, abríndose un prazo de presentación de propostas. Entre as recibidas, elixiranse 25 que serán as que se expoñan nas Redes Sociais federativas para que todos os usuarios e usuarias poidan votar á que máis guste. O prazo para recibir propostas, abrirase o día 15 de abril e concluirá o día 01 de xuño.    Modelo oficial para as propostas

8 de xan. de 2021

Bádminton

Raquetas

Pluma con banda azul


Na 2ª avaliación, entre outras cousas, os de 3º, 4º, 5º e 6º  faremos Bádminton . Os rapaces teñen que traer  a súa raqueta cunha pluma ou volante. Non traer o material considérase  "Falta de indumentaria".

Aconsellamos que a raqueta sexa mercada nunha tenda deportiva para que a cordame sexa regulamentaria e non de tanza. A raqueta pequena e boa para iniciarse porque se falla menos no saque. De todas formas a normal (grande) é a máis utilizada.  A pluma ou volante teñen unha cinta que nos indica se son máis rápidas ou non. A normal é de cinta azul. Non pasa nada se é doutra cor.

Na etiqueta deste blogue de Xogos Lim, hai unha actividade para coñecer mellor este deporte. Tamén se pode xogar dentro da Aula Virtual da Escola (Ver Xogos)

Esta nota está posta  nas etiquetas "Bádminton" e "Aula"  (arriba), por se nalgún momento non sabedes onde pode estar este artigo.

As probas que se farán para avaliar este deporte son:
1ª - O saque .
2ª - Control da pluma
3ª - Control do golpeo da pluma contra unha parede.
4º - Diferentes golpeos xogando con outro compañeiro ou co mestre.
5º - Coñecemento do deporte (historia, regulamentación).  (Só para os do ciclo superior)  Ver Xogo Lim

Tres das probas avaliables  son individuais, e por suposto, pódense e débense practicar tamén fora do horario escolar:

20 de dec. de 2020

San Silvestre 2020 en Pontevedra

Organizada polo Concello polo clube de Atletismo  "Sociedade Gimnástica de Pontevedra" (SGP)

 Hai 10 circuitos repartidos por toda a cidade. É máis doado e divertido facelo sempre  acompañado. 


Cada vez que fagas un circuíto ou varios podes rexistralo/s na páxina web da SGP. No  caso de ser alumno/a  da escola  tamén o podes rexistrar, dentro da  Aula Virtual ou en Edixgal nunha "Tarefa" voluntaria que hai no  tema "Carreiras",   contestando a estas preguntas: 

1- Que circuíto/s fixeches? 2- Canto tempo tardaches en facelo/s? 3- Como o fixeches?  En bici, andando ... ? 4- Podes enviar algunha foto facendo o evento? 
Podes facer os circuitos que queiras e cando queiras, camiñando, correndo, en bici, cadeira de rodas ou en calquera outro medio activo  -  Para contestar na páxina da SGP  tes que rexistrarte na súa web.


Para o rexistro na Aula Virtual
damos de prazo até o 31 de xaneiro de 2021.