20 de dec. de 2020

San Silvestre 2020 en Pontevedra

Organizada polo Concello polo clube de Atletismo  "Sociedade Gimnástica de Pontevedra" (SGP)

 Hai 10 circuitos repartidos por toda a cidade. É máis doado e divertido facelo sempre  acompañado. 


Cada vez que fagas un circuíto ou varios podes rexistralo/s na páxina web da SGP. No  caso de ser alumno/a  da escola  tamén o podes rexistrar, dentro da  Aula Virtual ou en Edixgal nunha "Tarefa" voluntaria que hai no  tema "Carreiras",   contestando a estas preguntas: 

1- Que circuíto/s fixeches? 2- Canto tempo tardaches en facelo/s? 3- Como o fixeches?  En bici, andando ... ? 4- Podes enviar algunha foto facendo o evento? 
Podes facer os circuitos que queiras e cando queiras, camiñando, correndo, en bici, cadeira de rodas ou en calquera outro medio activo  -  Para contestar na páxina da SGP  tes que rexistrarte na súa web.


Para o rexistro na Aula Virtual
damos de prazo até o 31 de xaneiro de 2021.


Ningún comentario:

Publicar un comentario