22 de abr. de 2020

TAREFA III - EDUCACIÓN FÍSICA - Cursos 4º, 5º e 6º - 2 SEMANAS 20/04 ó 30 /04/20

Para esta 3ª Avaliación  vamos a  seguir traballando xunto coa Expresión Corporal (Cadros Vivos) as coreografías (expresión corporal, ritmo, coordinación ... ). Para eso temos varias opcións:    (Escoller unha )

1- Os que non fixeron aínda un "Cadro Vivo" poden facelo nesta 3ª Avalición.

2- Facer unha coreografía, pode ser inventada ou aprender algunhas das moitas que hai publicadas en internet.  No blog de E. Física :  Flashmob Calvario de Vigo  - Xogo da carrasquiña  -  (ver outra carrasquiña)  - Móvete -

3. Se inventas a coreografía, tes que elixir a canción (preferentemente unha canción en galego). No blog de Dinamización podes ver unha "Pequena Guía de Música en Galego".  Se queres aprender algúns pasos para incorporar na túa coreografía podes ver estos:  "Aprendizaxe de exercicios para coreografías"


- Aprender unha copla dos Maios  , pode ser inventada ou escollida entre as pulblicadas este ano  e cantala e tocala cos paus (ou palmas)  nas dúas fases, cantando lento e cantando rápido  , cando se canta  lento é como si estíveramos dentro do maio e non nos movemos,  e cando  se tocan os paus (ou palmas) hai que facelo en movemento (andando)  (Ver exemplo). Comprobar que a copla non está escollida xa para cantar (de momento están todas libres). Irase poñendo un listado.

Podemos facer todos os días unha taboa de exercicios para estar en forma:  Abdominais - Estiramentos - Ou bailar algunha coreografía.

Os que teñen pendente algunha Tarefa poden enviala tamén, de momento ó correo efcampolongo @ gmail. com , ou pola nova aula virtual .

NOTA: Cada tarefa está programada para facela en 4 sesión de E. Física. As coreografías feitas para Música non valen para entregar en E. Física.

Ningún comentario:

Publicar un comentario