Xa estamos rematando o curso. Aquí tes a última tarefa. Escolle, practica e envía só aquelas actividades que pensas que aínda non tes boa nota e podes mellorar.
1. Os que non fixeron a proba
de malabares teñen que intentalo de novo. Se o fixeches pero
aínda non o fas ben, podes envialo de novo, máximo dous
vídeos. Non hai que enviar todos os exercicios da progresión, se o sei facer cos tres malabares con enviar ese vídeo é
suficiente.Ver baremo da proba de malabares.
2. Se aínda non o fixeches, envía
os informes (dous) da avaliación do xogo
Xincana-Botánico-Cultural , un informe faise dentro da actividade 4 da xincana (xogo similar dentro do principal). O outro informe
faise na última activide do xogo principal dándolle
a letra I do
xogo e poñendo o teu nome arriba de todo (permite
facer e isto antes de imprimir ou gardar en PDF). Tamén podes facer unha foto pantallazo dos informes.
3. No xogo da xincana aparecen algúns monumentos (estruturas que foron creadas para conmemorar unha persoa ou evento importante). Fai unha foto con 5 deles facendo un exercicio (figura ximnástica ou algunha postura de Ioga , algún estiramento, a ponte, piñeiro de cabeza, piñeiro de brazos, anicadas ... ) Tes algúns exemplos nunha das imaxes deste artigo.
4. Saltar a corda . Con
facer dez saltos seguidos chega para ver o dominio. Os que xa saben
teñen que saltar tamén 10 veces alternando normal e cruzado. Ver
vídeo
5. Proba de
velocidade-coordinación.
Ver vídeo
O que non poidas enviar pola Aula Virtual envíao por aquí: efcampolongo@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario