25/10/2012

Concurso: Anagrama para E. Física

De Mascotas E. Física
Durante este Primeiro Trimestre recolleranse debuxos para logo elixir o anagrama de E. Física, este ben pode ser unha mascota ou algo que poida simbolizar esta materia, e onde máis lucirá será no blogue de E.Física. Recorda que as liñas teñen que estar ben remarcadas para logo podela escanear e publicar correctamente. Deixamos arriba un dos debuxos xa candidatos. De momento non comunicamos o seu nome para logo facer unha votación o máis imparcial posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario