Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Amosar todas as publicacións

23 de maio de 2020

Libro "As árbores da cidade" - Jaime Blanco

 No libro "Pontevedra Arbores da cidade" de Jaime Blanco e de Amancio Castro, publicado xa fai uns anos (no 2010) podemos atopar unhas fichas das árbores da nosa escola. O libro está dixitalizado e está posto na páxina web do concello .Tamén o podedes ver neste Xogo Edilim.  Nós deixamos aquí un listado das árbores que hai co número de páxina e o número de exemplares que hai (nome científico e popular galego).  lgunhas das árbores xa non están ou mudou o seu número de exemplares. O libro podes atopalo na biblioteca do cole.
Árbores do CEP Campolongo:

1-Páxina 6 (3 exemplares) – Cedrus deodara - CEDRO 
2-Páxina-10 (2)- Chamaecyparis pisifera- “Plumosa” – Alcipreste de Sawara (ciprés dos chícharos) . (Chamai = anano , pisifera do latín pisum (chícharo) 
3-Páxina-14 (4) Cupresus lusitánica - Alcipreste dePortugal
 4-Páxina 22 (3)- Picea abies – Abeto
 5-Páxina 27 (1) Pseudotsuga menziesii - Piñeiro de Oregón
6-Páxina 33 Thuja plicata - “Zebrina”(exterior). Desapareceron coas obras da piscina as de fora, e algunhas coa plantacións de camelias sansaquas as de dentro- Tuia de olor, para sebes, os índios facían as canoas e os totems.
7 -Páxina 36 (1) - Abelia x grandiflora – Abelia 
8-Páxina 43 (4) - Acer pseudoplatanus – Pradairo – (falso plátano, sicómoro)
9- Páxina55 (3) - Betula pubescens – Bidueiro, dido, bídalo
10- Páxina85 (0) – Citrus Sinensis - Laranxeiro. Agora xa non está
11-Páxina 89 (3/4) – Corylus avellana – Abeleira, abelaneira, abelaira.
12 -Páxina 99 (0)- Eriobotrya japonica – Nespereiro. Desapareceu
13- Páxina115 (2) - Fraxinus excelsior – Freixo
14 -Páxina 128 (1) – Laurus Nobilis – Loureiro. Hoxe hai algún máis
15-Páxina 129 (2)- Leptospermum scoparium - Leptospermo 
16-Páxina 133 (2) – Liquidambar styraciflua – Liquidambar 
17- Páxina137 (1) – Magnolia x soulangiana - Magnolia chinesa, magn. De folla caduca
18 -Páxina 140 (3) – Malus domestica - Maceira 
19- Páxina149 (3) – Nerium oleander – Loendro, adelfa 
20-Páxina 157 (2) – Pittosporum tobira - Pitósporo de china (azar de china)
21- Páxina165 (1)- Prunus avium – Cerdeira . Desapareceu
22-Páxina 166 (1) – Prunus cerasifera – Cerdeira xaponesa, abruñeiro de xardín, mirabolano, falsa cerdeira.
23-Páxina 197 (1) – Schefflera arborícola – Falsa Aralia, cheflera 
24-Páxina 208 (1) – Trachycarpus fortunei – Falso palmito, palmeira de abano, palmeira de Fortune.

17 de abr. de 2013

O noso carballo con botas está a medrar.



Despois duns días de repouso e co inicio da primavera as landras medraron o seu. Aquí temos un montón de carballos preparados para plantar. Artigo relacionado: "O carballo con botas" . "Despois dun libro vendido, unha árbore plantada".
Se alguén quere un carballo pode levalo e plantalo ben nunha maceta ou ben plantalo onde poida, veiga, monte, etc.

12 de xan. de 2013

Poema Río dos Gafos

Pequeno libro que saíu á luz no curso 2011-12 nun Certame Literario sobre o Río dos Gafos  que promoveu a Asociación Vaipolorío coa colaboración do Concello de Pontevedra.
Algúns dos traballos: historias, contos, poemas, regueifas ... pódense ver nas seguintes ligazóns:


- A Guerra da Independencia no río Gafos, no blogue Milprimaveras.


Andar primeiro de río

Este é un dos libros adicados ó río que pasa pola beira da nosa escola ,  aínda que, na opinión de moitos, tristemente canalizado, no noso tramo, o urbano. Por estes lares chamábanlle río da Estación, río de Campolongo, río Menexo, río da "Tablada" .... e tamén río dos Gafos ou Ghafos, que vén sendo este o nome máis usado por esta zona  do río.
O libro témolo na biblioteca do cole, donado pola Asociación Vaipolorío, para lecer de todos os que queiran coñecer o Patrimonio Inmaterial que nel se desenvolveu ó longo de moitos séculos. Nel atópanse a toponimia, as cantigas, os refráns, as adiviñas e a fraseoloxía que xurdiu coa auga que flúe dende o Mato da Xesteira, onde nace o río, e cos "reghatos" que o alimentan ó longo do seu  curso.

A presentación do libro pódese ver no blogue do autor (Calros Solla)

Outro dos libros da Asociación Vaipolorío, é o "Poema Río Gafos"


8 de dec. de 2012

O Carballo con botas

Colección "Libros Plantabosques", da Ed. Sotelo, no que se pretende divulgar o compromiso da edición co bosque (de onde veñen os libros) editando libros en papel reciclado e  por cada libro vendido unha árbore plantada. 

 Dedicación do autor: 

 "Dende o alto das árbores, rodeados de carballos, teixos, acivros, aciñeiras, sobreiras, bidueiras...., unha forte aperta de outono que é un verdadeiro patrimonio da humanidade, un canto á beleza, un museo pictórico o aire libre, un concerto, unha sinfonía de follas, un ballet do vento.... en fin, todo...e gratis.."

Dende aquí animamos a todos a facer esta experiencia que nos indica este marcapáxinas, as árbores podémolas donar despois ou plantalas nós mesmos no monte.

Poderíamos gardar no cole as botas?