Amosando publicacións coa etiqueta Aula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aula. Amosar todas as publicacións

8 de xan. de 2021

Bádminton

Raquetas

Pluma con banda azul


Na 2ª avaliación, entre outras cousas, os de 3º, 4º, 5º e 6º  faremos Bádminton . Os rapaces teñen que traer  a súa raqueta cunha pluma ou volante. Non traer o material considérase  "Falta de indumentaria".

Aconsellamos que a raqueta sexa mercada nunha tenda deportiva para que a cordame sexa regulamentaria e non de tanza. A raqueta pequena e boa para iniciarse porque se falla menos no saque. De todas formas a normal (grande) é a máis utilizada.  A pluma ou volante teñen unha cinta que nos indica se son máis rápidas ou non. A normal é de cinta azul. Non pasa nada se é doutra cor.

Na etiqueta deste blogue de Xogos Lim, hai unha actividade para coñecer mellor este deporte. Tamén se pode xogar dentro da Aula Virtual da Escola (Ver Xogos)

Esta nota está posta  nas etiquetas "Bádminton" e "Aula"  (arriba), por se nalgún momento non sabedes onde pode estar este artigo.

As probas que se farán para avaliar este deporte son:
1ª - O saque .
2ª - Control da pluma
3ª - Control do golpeo da pluma contra unha parede.
4º - Diferentes golpeos xogando con outro compañeiro ou co mestre.
5º - Coñecemento do deporte (historia, regulamentación).  (Só para os do ciclo superior)  Ver Xogo Lim

Tres das probas avaliables  son individuais, e por suposto, pódense e débense practicar tamén fora do horario escolar:

13 de mar. de 2020

TAREFA 1 -Traballos de E. Física por confinamento coronavirus COVID-19 (3º, 4º, 5º e 6º)

Programación confinamento
VER TRABALLOS XA PRESENTADOS DE E. FÍSICA 
(Recordamos que os traballos deben facerse en GALEGO) .
Aparte dos traballos voluntarios marcados para o 1º e 2º trimestre sobre EXPERIMENTOS (aínda hai algúns por facer) , para este tempo de corentena,  por culpa do coronavirus COVID-19, temos outros posibles:  Os de 6º  primaria teñen que facer un traballo de primeiros auxilios.  (Ver traballos doutros anos na Etiqueta Primeiros Auxilios deste blog).  Vale calquera formato  (cartolina, power point, etc). O que interesa é que o que se poña se aprenda "Pouco e bo, dúas veces bo". Polas circuntancias actuais teñen que ser individuais. Ó traballo pódese engadir preguntas para facer un posible Brincaletras (saber máis ). Pódense presentar máis traballos voluntarios se alguén quixer (poden ser ou non dos expostos abaixo).  Para entregar os traballos en formato dixital ou para calquera dúbida utilizar os seguintes  correos, profesor Rafa, efcampolongo1.2@gmail. com, e profesor Nito  efcampolongo @ gmail.com (Estarán postos sempre neste blog arriba a esquerda).
Os demais cursos (3º, 4º e 5º)  terán que escoller un traballo entre os aquí expostos.
Despois de unha hora de traballo teórico podes alternar con algo de práctica:  Unha coreografía : MÓVETE -  Outras de Galicia Plan Saudable   - Abdominais  -  Estiramentos - Aprende pasos de baile tradicional - Máis xogos e enredos en "Enredamos coa E. Física"  - Ver a actividade recomendada  para os de 1º e 2º    -VER TAREFA II

Traballos para 3º, 4º, 5º e 6º
As ligazóns que hai postas son para información ou para ver modelos de traballos feitos
1 - Cadros Vivos ( pódese facer en grupo)
2-Rueiro de Pontevedra: -A miña rúa ou Persoeiros rúas: Navegantes do Atlántico, Escritores, Médicos, Políticos, Mulleres …
 4-Árbores dun parterre dun  xardín: da escola, do parque de Campolongo, do Paseo Urbano do Gafos. (ver Recursos)
6-Desplastifícate . Que está a pasar co plástico?
8 - Como debemos tomar o sol
9 - As Olimpiadas
Recorda: "Pouco e bo, dúas veces bo"

11 de set. de 2018

Traballos para o curso 2019-20(4º, 5º e 6º)

Os traballos son voluntarios. Falar sempre co mestre/a antes de comezar a facelo. Pódense facer en papel ou en formato dixital. Sempre en Galego.  O das Danzas sería un traballo práctico.  Aprender unha danza para logo ensinárllela ós demais e facela.  Algúns dos traballos terán que levar ó final unha serie de preguntas coas respostas (curtas a poder ser) que consideren importantes  sobre o tema tratado,  estas poderán ser elixidas para  facer xogos, como por exemplo Brincaletras. 

Cuarto, Quinto e Sexto
1-Desplastifícate . Que está a pasar co plástico?
2-Rueiro de Pontevedra: -A miña rúa ou Persoeiros rúas: Navegantes do Atlántico, Escritores, Médicos, Políticos, Mulleres …
3-Árbores dun parterre dun  xardín: da escola, do parque de Campolongo, do Paseo Urbano do Gafos. (ver Recursos)
12- Aprender unha Danza (Grupo)
13 - Como debemos tomar o sol
14 - As Olimpiadas
15 - A miña científica favorita
16 - O meu artista favorito
17-  A Ciencia en Galego (algunha das propostas)
18.  Xardíns de Vicente.
19- Árbores que se negan a morrer
20 - As árbores máis antigas de España
21 - Tempo de Mulleres, Mulleres no Tempo
22 - Aprender 20 Xogos de Sorte

Baremo E. Física

Baremo xeral
Resist. Course Navette


Lanzam. Pelota tenis
Baremo dalgunhas probas de E. Física para os cursos de segundo e terceiro ciclo de primaria. Ver tamén a de Lanzamento de Pelota de Tenis



1 de feb. de 2015

Datos de recollida para as fichas das herbas ( plantas), arbustos e árbores da nosa contorna


1-Nome: científico, basónimo, galego, castelán,  portugués, catalán, euskaro, inglés, outros ....
2-Etimoloxía- Orixe do nome
3-Sinónimos: principalmente  en Galego  . Polisemia con outras herbas
5-Características: Viváz, perenne , acuática, con flor ou sen flor, segundo o tamaño (herbácea, arbusto, árbore),  follas caduca ou perenne,
6-Hábitat: Fotoperiodismo (precisa sombra, semisombra, moita luz ...
7- Momento de maior interés (floración....)
8-Uso : Herbas mediciñais, tóxicas, velenosas, decorativa, .....Comestibles e non comestibles
9-Etnoloxía: costumes, lendas,....
10- Localización e nª de exemplares en Campolongo (fotografía) ; Ca, Pontevedra (Libro de Árbores de Pontevedra)
11- Outras curiosidades: poemas, receitas, cancións ...

Acompañar os apartados anteriores con FOTOS ,   a poder ser propias (sen flor, con flor, ...)

NOTAS: A ficha hai que entregala tanto escrita (para presentala en Ponteciencia) e tamén dixitalmente  (tipo powerpoint). Cada apartado dos numerados irá nunha diapositiva ou máis, acompañado, a poder ser dunha imaxe. Existe a posibilidade de meter as fichas persoalmente no blog "Entre Herbas do Ghafos", sempre que teñamos un correo electrónico de gmail. 

Os traballos meteránse no blog "Entre Herbas do Ghafos" (onde xa hai algunha información dalgunha das plantas e árbores)

Curisidades que podemos investigar:

- Cantas plantas e  árbores hai en Campolongo que sexan autóctonas, alóctanas, naturalizadas, invasora, ou malas herbas.?
- Cantas son comestibles? Cantas tóxicas, ou velenosas?
- Cantas son mediciñais?
- Cantas hai que precisan sombra e cantas non?
- Cantas levan nome de Santo?
- No caso das herbas, cantas coinciden no seu nome? 

Recursos:
Fichas árbores de Campolongo
Arbores do CEP Campolongo (nome e número de exemplares)
Fichas árboles do Libro "Arbores da Cidade" (Pontevedra)


8 de xan. de 2014

Xogos de sortes

Na primeira avaliación aprendimos os Xogos de sortes 1, para a segunda e terceira avaliación temos que aprender algúns do Xogos de sortes 2. Sabedes que neste apartado cada unha conta un punto.

From Xogos de sortes
From Xogos de sortes
Ficha vella- Curso 2011-12.

24 de set. de 2013

Árbores do CEP Campolongo no libro de Jaime Blanco e Amancio Castro

No libro "Pontevedra Arbores da cidade" de Jaime Blanco e de Amancio Castro, podemos atopar unhas fichas das árbores da nosa escola. O libro está dixitalizado e está posto na páxina web do concello

Tamén o podedes ver no Xogo Edilim do Cole

 Nós deixamos aquí un listado das árbores que hai co número de páxina e o número de exemplares que hai.

O libro podes atopalo na biblioteca do cole.


 Árbores do CEP Campolongo:


Páxina 6 (3 exemplares) – Cedrus deodara - CEDRO 
-10 (2)- Chamaecyparis pisifera- “Plumosa” – Alcipreste de Sawara (ciprés dos chícharos) . (Chamai = anano , pisifera do latín pisum (chícharo) 
-14 (4) Cupresus lusitánica - Alcipreste dePortugal
 - 22 (3)- Picea abies – Abeto
 - 27 (2) Pseudotsuga menziesii - Piñeiro de Oregón
- 33 (22) Thuja plicata - “Zebrina”(exterior) - Tuia de olor, para sebes, os índios facían as canoas e os totems.
 - 36 (1) - Abelia x grandiflora – Abelia 
- 43 (4) - Acer pseudoplatanus – Pradairo – (falso plátano, sicómoro)
- 55 (3) - Betula pubescens – Bidueiro, dido, bídalo
- 85 (1) – Citrus Sinensis - Laranxeiro ( xa non está)
- 89 (4) – Corylus avellana – Abeleira, abelaneira, abelaira.
 - 99 (1)- Eriobotrya japonica – Nespereiro (xa non está)
- 115 (2) - Fraxinus excelsior – Freixo
 - 128 (1) – Laurus Nobilis – Loureiro
 - 129 (2)- Leptospermum scoparium - Leptospermo 
- 133 (2) – Liquidambar styraciflua – Liquidambar 
- 137 (1) – Magnolia x soulangiana - Magnolia chinesa, magn. De folla caduca
 - 140 (3) – Malus domestica - Maceira 
- 149 (3) – Nerium oleander – Loendro, adelfa 
- 157 (2) – Pittosporum tobira - Pitósporo de china (azar de china)
- 165 (1)- Prunus avium – Cerdeira (xa non está)
- 166 (1) – Prunus cerasifera – Cerdeira xaponesa, abruñeiro de xardín, mirabolano, falsa cerdeira.
- 197 (1) – Schefflera arborícola – Falsa Aralia, cheflera 
- 208 (1) – Trachycarpus fortunei – Falso palmito, palmeira de abano, palmeira de Fortune.

21 de set. de 2013

Relación porcentual aproximada das Competencias Básicas na E. Física



As CCBB (Competencias básicas)  contémplanse como o coñecemento na práctica, é dicir, coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais e, como tales, pódense conseguir tanto no currículo formal como no non formal e informal.
Este enfoque «integrador» das competencias ponse de manifesto non só na súa definición e selección, senón tamén no seu posterior desenvolvemento.
 A través das áreas e materias do currículo da educación obrigatoria, preténdese que o alumnado adquira as CCBB sinaladas. Con todo, non existe unha relación unívoca entre o ensino de determinadas áreas ou materias e o desenvolvemento de certas competencias. Cada unha das áreas e materias contribúe ao desenvolvemento de diferentes competencias e, á súa vez, cada unha das CCBB alcánzase como consecuencia do traballo realizado a través do ensino de varias áreas ou materias.

Competencias e reparto porcentual aproximado de implicación na Educación Física

 1- COMPETENCIA EN INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO (42%) . Ter en conta a importancia do uso responsable dous recursos naturais, a preservación do medio ambiente e a promoción dá saúde.
Habilidade para actuar co mundo físico, tanto nos seus aspectos naturais como nos xerados pola acción humana, de tal modo que se posibilita a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias e a actividade dirixida a mellora e preservación das condicións de vida propia, das demais persoas e do resto dos seres vivos.

2- COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA (20%)  Implicación en Educación Física. A segunda materia en importancia. Implica, coñecer, comprender, apreciar e valora criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas, utilizadas como fonte de enriquecemento e goce e consideralas como parte do patrimonio dos pobos. 
Finalidade: - Mostrar interese por participar na vida cultural e por contribuír á conservación do patrimonio cultural e artístico. - Ter adquirido un coñecemento básico dás manifestacións culturais e artísticas.

3- COMPETENCIA DE AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL (15%) - Adquirir conciencia e saber aplicar un conxunto de valores e actitudes persoais interrelacionadas (responsabilidade, perseverancia, autocoñecemento, autoestima, creatividade, autocrítica , control emocional … )
- Elixir con criterio propio, imaxinar proxectos e levalos a cabo responsabilizándose deles, tanto no ámbito persoal como social e laboral. 

4- COMPETENCIA SOCIAL E CIUDADANA (12%) Cooperar, convivir, e exercer a ciudadanía democrática nunha sociedade plural. Afrontar a convivencia e os conflictos empleando o xuizo ético basado nos valores e prácticas democráticas.

5- COMPETENCIA APRENDER A APRENDER (10%) . Dispoñer de habilidades para iniciarse no aprendizaxe e ser capaz de continuar aprendendo de maneira cada vez máis eficaz e autónoma de acordo ós propios obxectivos e necesidades.

 6- COMPETENCIA DO TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E DA COMPETENCIA DIXITAL (5%).  Buscar, obter, procesar e comunicar a información .
Transformar a información en coñecemento, incluíndo o uso das tecnoloxías da información e a comunicación como elemento esencial para formarse, aprender e comunicarse.
 Finalidade: - Facer uso habitual dos recursos tecnolóxicos dispoñibles para resolver problemas reais de modo eficiente. - Avaliar e seleccionara novas fontes de información e innovación tecnolóxica a medida que van aparecendo, en función da súa utilidade para acometer tarefas ou obxectivos específicos.

7- COMPETENCIA LINGÜÍSTICA (3%) Utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, as emocións e a conduta.
 En síntese, o desenvolvemento da competencia lingüística ao final da educación obrigatoria comporta o dominio da lingua oral e escrita en múltiples contextos e o uso funcional de, polo menos, unha lingua estranxeira.

8- COMPETENCIA MATEMÁTICA (0%).  Habilidade para utilizar e relacionar os números, as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático, tanto para producir e interpretar distintos tipos de información como para ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos e espaciais da realidade, e para resolver problemas relacionados coa vida cotiá e co mundo laboral.


NOTA. Estos datos están sacados dun documento do MEC, onde só fala do castelán como competencia lingüística, polo que os datos variarían moito na implicación e importancia, NAS COMPETENCIAS LINGÜÍSTICAS,  dependendo da comunidade autónoma, pois estanse a dar casos, sobre todo nas cidades, onde os rapaces non son capaces de manter unha conversación fluída ou distendida na  lingua propia da comunidade nos ciclos superiores  (como por exemplo no caso galego). 


11 de set. de 2013

Normas de clase



Aparte das anteriores que ves na imaxe e que son as típicas nunha clase normal, tamén temos unhas cantas específicas nas clases de E. Física:

- Estirar antes e despois das clases sempre que esteamos a esperar polo mestre, tanto para iniciar a parte principal da clase, como para  facer o cambio de clase, tanto dentro do pavillón como fora del.

- Non subir nin baixar  da clase sen  permiso do mestre.

- Non levar ás clases xoguetes ou obxectos que non son prescindibles.

- Levar camiseta de reposto e toalla para asearse un pouco e manter un mínimo  de  hixiene nas clases posteriores. Non é preciso na última clase do día, ás 13:10 h

- Levar sempre calzado deportivo adecuado, e un de reposto os días de chuvia.

- Aproveitar para beber ou ir ó baño no momento de chegar  ó ximnasio e/ou tamén nos 5 minutos antes de toque o timbre no final da clase.

- Procurar non pisar  as colchonetas co calzado posto, tanto deportivo como o normal.

- Levar axenda ou ibreta aqueles ós que o mestre llelo comunique.

NOTA. Algunhas destas normas poden ser diferentes dependendo do mestre que imparta as clases.

3 de nov. de 2012

E. FÍSICA - Criterios de Cualificación

 CONCEPTOS: 10 % Probas escritas ou orais de carácter teórico. Traballos monográficos individuais ou de grupo.

PROCEDEMENTOS: 60 % Realización adecuada de exercicios e actividades. Nivel de adquisición de habilidades motrices. Nivel de desenvolvementos das capacidades físicas.

ACTITUDES: 30 % Comportamento e actitude coa materia (competencias) Asistencia regular á clase. Puntualidade e interese. Capacidade de superación das dificultades. Hábitos hixiénicos.

Recorda:

- Que todos os traballos que se fagan mostrarán, aparte dunha valoración conceptual,  unha boa actitude.

 - A materia de E. Física está programada en Galego, o mestre ten que procurar que a materia se desenvolva nesta lingua. Para acadar este obxectivo o alumnado terá que esforzarse en falar na lingua prescrita, tanto co mestre coma cos seus compañeiros.

- No 3º ciclo, os que se pidan en formato informático, enviaranse preferentemente por correo electrónico (efcampolongo@gmail.com).
 
* Na etiqueta ou categoría de Avaliación, podes ver algunhas das probas que se fan nas clases (2º e 3º ciclo), e os baremos das mesmas.

16 de out. de 2012

12 de out. de 2012

Proba de Flexibilidade

Para medir a flexibilidade hai varias formas de facelo, unha moi sinxela, que non precisa de aparatos é esta. Proba a facela para ver que tal andas.

10 de out. de 2012

Normas para os traballos das árbores.

- Para este 1º trimestre o traballo de E. Física para os de 5º é unha PRESENTACIÓN dunha árbore ou pranta do colexio, e para os de 6º unha árbore ou planta do Parque de Campolongo.

 Pódese nomear que árbores rodean á elexida por nós.

Recordamos que un dos obxectivos do traballo é a utilización das ferramentas informáticas.

- Aqueles que teñan problemas para presentalo en formato informático poderán facelo noutro calquera.

- O traballo pode ser individual ou colectivo. No segundo caso o traballo terá tantas árbores como compoñentes haxa no grupo.

- O contido do traballo será libre, será suficiente poñer as características principais desa árbore ( orixe, descrición , tipo de folla, de froito, ...) con  outras curiosidades que cada un atope ó investigar a súa árbore (contos, poemas, lendas, historias ...). Recordamos que neste blogue hai unhas Fichas de Árbores que poden valer como modelo do mínimo que se pode incluir. 

- Os traballos deberán ser orixinais , contará negativamente o plaxio doutros traballos feitos anteriormente.

- Ó ser presentación é importante incluir algunhas imaxes desa mesma árbore xunto coa foto que cada un ten da súa árbore, ou ben do cole (5º), ou ben do Parque (6º).

- O traballo terá como data límite o 1 de decembro. 

 - Unha vez que se remate o traballo,  pódese enviar por correo electrónico a efcampolongo@gmail.com

-  Todos os traballos poderán ser utilizados para participar  en diferentes actividades nas que participa o colexio:  Programa de Radio "Dalle a lingua"  con Onda Cero,  Congresos das Escolas Asociadas Unesco, ....

Como un dos obxectivos é o de coñecer o contorno, recordamos que temos feita un xogo ou Actividade Edilim coas Árbores do Cole para que un poida en pouco tempo coñecer a meirande parte delas.