Amosando publicacións coa etiqueta Expresión Corporal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Expresión Corporal. Amosar todas as publicacións

25 de mar. de 2020

TAREFA II - EDUCACIÓN FÍSICA (30 de marzo - 3 de abril)

Programación 
3º, 4º, 5º, 6º
Nesta TAREFA II  imos incidir especialmente na Expresión Corporal con Cadros Vivos, pero aqueles que queiran poden elixir un 10 temas propostos na Tarefa I).
VER NORMAS PARA FACER  UN BO CADRO VIVO (Inclúe ligazón de exemplo ben feito)
Os traballos de Cadros Vivos por motivos de dinamismo do blog poránse no blog de Dinamización na Etiqueta Cadros Vivos, para non repetir os vídeos nos dous blog. Algúns dos que están no E. Física ireinos cambiando ós poucos. POR FAVOR NON REPETIR CADROS XA TRABALLADOS


TAREFA 2   -    EDUCACIÓN FÍSICA
CADROS VIVOS
(Traballo de Expresión Corporal)
Investiga nas enciclopedias ou nos museos virtuais, escolle un cadro que che guste e que poidas representalo, logo  diante dunha cámara contas  o máis importante del. Envíao a efcampolongo @ gmail. com
Podes participar ti só ou acompañado. Recorda que hai que gravalos en galego. Procura escoller un cadro que non se representara antes   (ver listado nesta táboa) .Nas ligazóns de abaixo tes moitos exemplos de como facelo.
Se a tarefa é complicada podes elexir unha segunda tarefa no listado anterior 
Os traballos enviados deste tema poderán visualizarse nesta mesma táboa.
Nesta táboa tes algúns dos museos virtuais que podes visitar
Recorda, antes de gravar escribe o que vas a dicir para que logo saia mellor
Estos días iremos  metendo nesta táboa máis imaxes de cadros para axudar ó alumnado
LIGAZÓNS PÁXINAS WEB
(Sección Arte)
Google photos deste blog.
 Aquí de cando en vez iranse subindo máis cadros  xa seleccionados



MUSEOS VIRTUAIS






CADROS SOLTOS RECOLLIDOS NOUTROS CURSOS

EXEMPLOS DE TRABALLOS FEITOS
Curso 18-19
Curso 18-19
Curso 18-19
Paseo 
pola beira
Curso 19-20
Cabeza de Medusa
(Noelia - 5ºB)


Curso 19-20
O fillo do home



Anxo Musical
(Marco 3º-A)





















24 de mar. de 2020

O fillo do home - Andrés G. R. (4ºB)


Este traballo ten  a Etiqueta neste blog de "Expresión Corporal", "Traballos" e "Curso 19-20", por se en algún momento os queredes buscar dentro dos moitos artigos que hai no mesmo. Ver máis "Cadros Vivos"

12 de xuño de 2018

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. 5 DE XUÑO. (2ºB,3ºA e 4ºB)




                 




                 



Dende a área de EF quixemos contribuír e celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente con éste baile reivindicativo en contra da polución "THE POLLUTION DANCE", dentro da Rede de Escolas Unesco da cal o CEP CAMPOLONGO participa.

Moitísimas grazas a todo o alumnado participante, as titoras (Fina, Toñi e Carmen ) pola súa axuda e predisposición e por suposto a Pachú pola fantástica montaxe final. 

Moi bo traballo rapaces!!!

No seguinte enlace podedes ver  vídeos de  probas e ensaios:

ENSAIOS E BAILES DE 2ºB, 3ºC e 4ºB


27 de feb. de 2018

DÍA DE ROSALÍA (Muiñeira de Lugo)- 1ºA




Para celebrar o 24 de Febreiro, co alumnado de 1ºA practicamos  a Muiñeira de Lugo.
 Logo dunhas indicacións e práctica con Carmen,
eiquí tendes un pequeno vídeo do resultado...

Esperamos que vos guste!

Noraboa polo voso traballo!

6 de xuño de 2017

Cadros Vivos


Os xogadores de cartas - P. Cézanne - Miguel e Nicolás (5ºA)
Catro chicas na ponte - E. Munch -  Pilar, Uxía, Nuria(s) (5ºA)
As mozas da ponte - Adrián e Sergio (5ºA)
O grito - E. Munch - Nicolás Braña (5ºA)
Dúas irmáns - Picaso - Xavier e Daniel (5ºA)
O cuarto - V. Vangogh - Gloria (5ºA)
Dona Antonia de Ipeñarrieta e Galdós e seu fillo Don Luis - Marta e Sofía (5ºA)

O grito - E. Munch - Marta Magdalena (5ºC)
O berro - E. Munch Marta L.S.  (5C)
O Grito - E. Munch - Mateo (5ºC)
Retrato de L. Auguste Cèzanne - Cezanne - Oscar (5ºC)
O cabaleiro coa man no peito - O Greco - Adrián (5ºC)
O fillo do home - René Magritte - Martín (5ºC)
O fillo do home - René Magritte - Oscar R. C. (5ºC
Mozas lendo - P. Auguste Renoir - (5ºC)
O pífano - E. Manet - Alberto M.M. (5ºC)
Bailarinas na barra (Irene e Natalia) - 5ºC
As meninas - Velázquez  (Iker)  - 5ºC
Nenos xogando ós dados - Murillo - Natalia, Pedro, Juán (5ºC)
Armonía en vermello - H. Matisse - Claudia  (5ºC)
Picariños - Castelao  - Clara P. B. e   Laura V. M (5ºC)
Os xogadores de cartas - P. Cézanne - Alberto N. L. e Rafael G. F. (5ºC)

O parasol - María e Sofía - Goya  (5ºD)
A chambra branca - L. Seoane - Adrián (5ºD)
A moza da perla - Vermeer - Violeta F.V (5ºD)
Autorretrato - Andy Warhol - Antón (5ºD)

Un cadro de Colmeiro - Sara, Elena, Carmen e Paula (6ºA)

O parasol - Rocío P. P.(6ºC)

O grito - E. Munch - Martín  (6ºD)
A noite estrelada - V. Vangogh  - Teo M.L.(6D)
Dús mulleres lendo - Picaso - Javier e David (6ºD)

8 de xan. de 2014

Citas de Nelson Mandela en Yogote


Dentro do apartado de Expresión Corporal da Programación de E. Física imos traballar algo a linguaxe de signos internacional "Yogote". Nesta avaliación comezamos con algunhas frases ou citas de Nelson Mandela relacionadas coa cultura e a paz.Clicando na imaxe podemos ver unha páxina web específica destas citas xa feitas en Yogote. A primeira cita é a seguinte: "A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo.  O vídeo está en inglés, pero a tradución ó galego e castelán está debaixo.

31 de xan. de 2013

Cantarola dos nenos

Poema preparado polo alumnado de 2ºD para recitar no Día da Paz do curso 2012-13. O retrouso está acompañado pola linguaxe de signos internacional Yogote. Por mor da chuvia non se recitou na patio.

 Ver outra versión adaptada e cantada.

Máis de Yogote no noso centro.

8 de xan. de 2013

Galicia


Poema escollido polo noso centro para presentar no proxecto "Poemas do Mundo" no 60 aniversario das Escolas Asociadas Unesco.  
Nós traballarémolo en E. Física nos contidos de Expresión Corporal.

Para a linguaxe de signos fixemos unha versión reducida .Debaixo  temos unha imaxe co poema traducido ó inglés, e logo o texto do poema enteiro.
Numeración dos signos: Galicia: 917, - docemente: 374, - mirando: 1327, - vales: 397, - montañas:92, terras:1438, - traballar:502, - mar:91, - vento:99 - pero:673, -vai:1291, - sentimento:284, -nós:5, - xente:45, - fala:756, -buscas:1405, -ti:2, - encontrala:1274

 

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!" 

Manuel María (1972) Os soños na gaiola.

Ver máis poemas  de Yogote

24 de dec. de 2012

Presentación 60º Aniversario da PEA-UNESCO

Aquí temos a presentación do proxecto "Poemas do Mundo" do 60º Aniversario da rede PEA (Plan de Escolas Asociadas) da UNESCO .  

Clicando na 1ª imaxe (arriba) podes ver a mensaxe da presentación en 9 linguas diferentes.

 Debaixo temos a presentación feita por catro cursos da nosa escola: 3ºA, 5ºA, 5ºC e 6ºA
Artigo relacionado: Saúdo Yogote-Lusofonía