Amosando publicacións coa etiqueta UNESCO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta UNESCO. Amosar todas as publicacións

5 de dec. de 2018

Día Internacional dos Dereitos dos nenos: 20 de Novembro ( Área de EF e Escolas UNESCO). 3ºA,B e C

O alumnado de 3º, preparou unha versión en Galego da Banda Sonora do filme de debuxos animados "El Extraordinario Viaje De Lucius Dumb”
Na canción participan: Bebe, cira, Enrique Fernández, Gabriel Echave, Gene García, Mili Vizcaíno, Miriam Solís, Modesto Peña “Tato”, Nacho Campillo y Ulises Fernández.

De seguido podedes ver os vídeos co resultado final, esperamos que vos gusten...











Graciñas  a teacher Silvia polas orixinais pancartas e a Pachú pola  gravación e montaxe final; 
e por suposto a todo o alumnado participante!!

CAMPAÑA DESPLÁSTIFÍCATE... (3ºA). ( ED. FÍSICA en colaboración con UNESCO)

Dende a área de EF e dentro das Escolas Unesco, realizamos este pequeno vídeo con algúns consellos e ideas que axuden a non utilizar tanto o plástico no noso día a día ...
A continuación podedes ver o vídeo...


Moitas grazas ao alumnado de 3ºA e a súa profe Esther por colaborar nesta campaña.... 

e xa sabes DESPLASTIFÍCATE...

12 de xuño de 2018

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. 5 DE XUÑO. (2ºB,3ºA e 4ºB)




                 




                 



Dende a área de EF quixemos contribuír e celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente con éste baile reivindicativo en contra da polución "THE POLLUTION DANCE", dentro da Rede de Escolas Unesco da cal o CEP CAMPOLONGO participa.

Moitísimas grazas a todo o alumnado participante, as titoras (Fina, Toñi e Carmen ) pola súa axuda e predisposición e por suposto a Pachú pola fantástica montaxe final. 

Moi bo traballo rapaces!!!

No seguinte enlace podedes ver  vídeos de  probas e ensaios:

ENSAIOS E BAILES DE 2ºB, 3ºC e 4ºB


18 de xan. de 2017

Animais Extintos no Século XX

 Traballo feito por Paula M.M. de 6ºA durante o curso 2016-17

- Bucardo - Sapo Dourado - Xambato Negro - Pato das Marismas - Coqui Dourado - Rá Australiana - Tigre do Caspio - Tigre de Java - Tigre de Bali - Paxaro Carpinteiro Imperial - Foca Monxe do Caribe - Bilbi Menor - Ostreiro Unicolor Canario - Macao Glauco - Tilacino - Cotorra das Carolinas - Pomba Migratoria -Bufo de Nova Celandia - Huia - Lobo Xaponés - Pomba Perdiz de Chousel - Cervo de Schomburgh

11 de set. de 2013

XXVI Congreso Estatal Escolas Asociadas Unesco














No curso pasado, algúns mestres, rematamos asistindo ó XXVI Congreso Estatal da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO, da que o CEP Campolongo forma parte. Alí leváronse conxuntamente varios traballos dos que algúns deles foron partícipes o noso alumnado. Se investigas un pouco neste artigo poderás descubrilos.

Se entras no albúm picasa poderás ver unha selección de fotos comentadas do XXVI Congreso Estatal das Escolas Asociadas Unesco.

Ver todas as  fotos.

Ver traballo de Campolongo Irene Sendler

 Ver traballo da Auga e dos Lavadoiros dentro de Patrimonio Rural.

Ver máis traballos "Temas Unesco" do curso 2012-13

Escoitar os poemas de Yogote que se recitaron na Casa-museo do poeta Miguel Hernández en Orihuela.

Artigos relacionados:

Figuras controvertidas nos tempos que corren.

Costumes da Idade Media.

10 de mar. de 2013

Fraseoloxía sobre os regheiros


Clica na imaxe para ver o traballo de Sabela A. L. de 6ºA sobre a Fraseoloxía que temos sobre os moitísimos "regheiros" que temos no noso país.

24 de dec. de 2012

Presentación 60º Aniversario da PEA-UNESCO

Aquí temos a presentación do proxecto "Poemas do Mundo" do 60º Aniversario da rede PEA (Plan de Escolas Asociadas) da UNESCO .  

Clicando na 1ª imaxe (arriba) podes ver a mensaxe da presentación en 9 linguas diferentes.

 Debaixo temos a presentación feita por catro cursos da nosa escola: 3ºA, 5ºA, 5ºC e 6ºA
Artigo relacionado: Saúdo Yogote-Lusofonía