Etiquetas
- Acrobacias
- Atletismo
- Aula
- Avaliación
- Bailes
- Ballet
- Baloncesto
- Balonmán
- Baremo
- Bádminton
- Celebracións
- Cogumelos
- Contos e lendas
- Corda
- Coreografías
- Curso 12-13
- Curso 13-14
- Curso 14-15
- Curso 15-16
- Curso 16-17
- Curso 17-18
- Curso 18-19
- Curso 19-20
- Curso 20-21
- DAFIS
- Danzas
- Debuxos
- Deportes
- Enredos
- Entrevistas
- Exercicios
- Expresión Corporal
- Fotos
- Fraseoloxía
- Fútbol
- Ghafos
- Historia
- Instrumentos musicais
- Ioga
- Libros
- Literatura
- Lugares
- Maios
- Malabares
- Marcha
- Mascotas
- Material
- Medallas
- Medio
- Milla Saudábel
- Muíños
- Música
- Natación
- Natación Sincronizada
- Orientación
- PDC
- Patinaxe
- Persoeiros Pontevedra
- Petanca
- Piragüismo
- Plantas
- Poesía
- Ponte nas Ondas
- Pontenciencia
- Premios
- Prensa
- Primeiros Auxilios
- Quecemento
- Recursos
- Revista
- Rugby
- Salvamento Acuático
- Saídas
- Saúde
- Surf
- Taekwondo
- Tarefas
- Tenis de Mesa
- Tiro con Arco
- Toponímia
- Torneos
- Traballos
- Triatlón
- Trompo
- UNESCO
- Voleibol
- Waterpolo
- Xadrez
- Ximnasia deportiva
- Xogos
- Xogos Lim
- Xogos de mans
- Xogos de mesa
- Xogos de sortes
- Xogos do Mundo
- Xogos populares
- Xornadas deportivas
- Yogote
- Árbores
Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas b>. Amosar todas as publicacións
6 de xuño de 2020
29 de maio de 2020
TAREFA VI - PARA 5º E 6º - E. FÍSICA- "5 RETOS" - (1ª Semana de xuño)
Xa estamos rematando o curso. Aquí tes a última tarefa. Escolle, practica e envía só aquelas actividades que pensas que aínda non tes boa nota e podes mellorar.
1. Os que non fixeron a proba
de malabares teñen que intentalo de novo. Se o fixeches pero
aínda non o fas ben, podes envialo de novo, máximo dous
vídeos. Non hai que enviar todos os exercicios da progresión, se o sei facer cos tres malabares con enviar ese vídeo é
suficiente.Ver baremo da proba de malabares.
2. Se aínda non o fixeches, envía
os informes (dous) da avaliación do xogo
Xincana-Botánico-Cultural , un informe faise dentro da actividade 4 da xincana (xogo similar dentro do principal). O outro informe
faise na última activide do xogo principal dándolle
a letra I do
xogo e poñendo o teu nome arriba de todo (permite
facer e isto antes de imprimir ou gardar en PDF). Tamén podes facer unha foto pantallazo dos informes.
3. No xogo da xincana aparecen algúns monumentos (estruturas que foron creadas para conmemorar unha persoa ou evento importante). Fai unha foto con 5 deles facendo un exercicio (figura ximnástica ou algunha postura de Ioga , algún estiramento, a ponte, piñeiro de cabeza, piñeiro de brazos, anicadas ... ) Tes algúns exemplos nunha das imaxes deste artigo.
4. Saltar a corda . Con
facer dez saltos seguidos chega para ver o dominio. Os que xa saben
teñen que saltar tamén 10 veces alternando normal e cruzado. Ver
vídeo
5. Proba de
velocidade-coordinación.
Ver vídeo
O que non poidas enviar pola Aula Virtual envíao por aquí: efcampolongo@gmail.com
15 de maio de 2020
14 de maio de 2020
TAREFA V - PARA OS DE 3º e 4º (do 18 ó 29 de maio)
No arquivo hai actividades para os que estades en Pontevedra e tamén para os que non estades. O que queira e poida pode facer todas.
Artigo relacionado coas preguntas: Xincana botánico-cultural
TAREFA VI - PARA OS DE 3º - (18 ó 29 de maio)
No arquivo hai actividades para os que estades en Pontevedra e tamén para os que non estades. O que queira e poida pode facer todas.
Artigo relacionado coas preguntas: Xincana botánico-cultural
Artigo relacionado coas preguntas: Xincana botánico-cultural
7 de maio de 2020
3 de maio de 2020
TAREFA IV - Confinamento para os de 4º - (2 semanas)- Do 4 ó 15 de maio

Con 3 pompóns ou con pelotas pequenas, ou con calquera outro material lixeiro que caiba ben na man hai que conseguir lanzar os tres elementos seguidos sen que caian. Ver exemplo. Importante: Practicar moito. As notas que se poñen aquí son orientativas, só se contará para mellorar a nota que un ten xa de media até agora. Se se sacas menos puntuación que a que un ten non se terá en conta.
Pasos a seguir para dominar a Tarefa IV: (Ver a progresión en vídeo)
FASE I. 3 lanzamentos con 2 malabares coa MAN DOMINANTE (os diestros a dereita, os zurdos a esquerda): cando lanzo a primeira e antes de que caia teño que lanzar a segunda para coller a primeira e logo a segunda. Facendo esto 3 veces coa dereita sería un APROBADO -5 puntos
FASE II. O mesmo que na Fase I pero agora coa MAN CONTRARIA. Esto sería u APROBADO -6.
FASE III. 5 lanzamentos con 2 malabares coa mesma man, e logo outros 5 lanzamentos coa outra man. Non se validaría se non se fai a FASE II. Esta fase sería un NOTABLE -7/8
FASE IV. 3 lanzamentos con 3 malabares. Esta fase sería SOBRESALIENTE-9
FASE V. 5 lanzamentos con 3 malabares. SOBRESALIENTE-10
NOTA: O alumnado que por calquera circunstancia non poida facer esta actividade pode elexir unha das 10 propostas que se indicou na TAREFA 1
TAREFA IV para 5º e 6º . Confinamento - 2 semanas (do 4 ó 15 de maio)
OBXECTIVO: Con 3 pompóns ou con pelotas pequenas, ou con calquera outro material lixeiro que caiba ben na man hai que conseguir lanzar os tres malabares seguidos sen que caian. Ver exemplo . Importante: Practicar moito. As notas que se poñen aquí son orientativas, só se contará para mellorar a nota que un ten xa de media até agora. Se se sacas menos puntuación que a que un ten non se terá en conta. Pasos a seguir para dominar a tarefa: (Ver a progresión en vídeo). No vídeo as fases son para os 4º. FASES PARA 5º E 6º:
FASE I . 5 lanzamentos con 2 malabares coa MAN DOMINANTE (os diestros a dereita, os zurdos a esquerda): cando lanzo a primeira e antes de que caia teño que lanzar a segunda para coller a primeira e logo a segunda. Facendo esto 3 veces coa dereita sería un APROBADO -5 puntos
FASE II. O mesmo que na Fase I pero agora coa MAN CONTRARIA. Esto sería u APROBADO -6.
FASE III. 10 lanzamentos con 2 malabares coa mesma man, e logo outros 10 lanzamentos coa outra man. Non se validaría se non se fai a FASE II. Esta fase sería un NOTABLE -7/8
FASE IV. 5 lanzamentos con 3 malabares. Esta fase sería SOBRESALIENTE-9
FASE V: 10 lanzamentos con 3 malabares. SOBRESALIENTE-10
NOTA: O alumnado que por calquera circunstancia non poida facer esta actividade pode elexir unha das 10 propostas que se indicou na TAREFA 1
NOTA: O alumnado que por calquera circunstancia non poida facer esta actividade pode elexir unha das 10 propostas que se indicou na TAREFA 1
22 de abr. de 2020
TAREFA III - EDUCACIÓN FÍSICA - Cursos 4º, 5º e 6º - 2 SEMANAS 20/04 ó 30 /04/20
Para esta 3ª Avaliación vamos a seguir traballando xunto coa Expresión Corporal (Cadros Vivos) as coreografías (expresión corporal, ritmo, coordinación ... ). Para eso temos varias opcións: (Escoller unha )
1- Os que non fixeron aínda un "Cadro Vivo" poden facelo nesta 3ª Avalición.
2- Facer unha coreografía, pode ser inventada ou aprender algunhas das moitas que hai publicadas en internet. No blog de E. Física : Flashmob Calvario de Vigo - Xogo da carrasquiña - (ver outra carrasquiña) - Móvete -
3. Se inventas a coreografía, tes que elixir a canción (preferentemente unha canción en galego). No blog de Dinamización podes ver unha "Pequena Guía de Música en Galego". Se queres aprender algúns pasos para incorporar na túa coreografía podes ver estos: "Aprendizaxe de exercicios para coreografías"
5º- Aprender unha copla dos Maios , pode ser inventada ou escollida entre as pulblicadas este ano e cantala e tocala cos paus (ou palmas) nas dúas fases, cantando lento e cantando rápido , cando se canta lento é como si estíveramos dentro do maio e non nos movemos, e cando se tocan os paus (ou palmas) hai que facelo en movemento (andando) (Ver exemplo). Comprobar que a copla non está escollida xa para cantar (de momento están todas libres). Irase poñendo un listado.
Podemos facer todos os días unha taboa de exercicios para estar en forma: Abdominais - Estiramentos - Ou bailar algunha coreografía.
Os que teñen pendente algunha Tarefa poden enviala tamén, de momento ó correo efcampolongo @ gmail. com , ou pola nova aula virtual .
NOTA: Cada tarefa está programada para facela en 4 sesión de E. Física. As coreografías feitas para Música non valen para entregar en E. Física.
19 de abr. de 2020
TAREFA III - EDUCACIÓN FÍSICA (1º - 2º - 3º) - SEMANA: 20/04/20 ao 25/04/20
Presentamos o XOGO DA OCA adaptado á Educación Fisica. Nesta ocasión establecemos dous formatos para xogar. Nun taboleiro físico (neste documento adxuntamos o mesmo) ou través do enlace que vedes máis abaixo. Para esta opción precisamos un dispositivo con conexión a internet, non sendo preciso descargar nin rexistrarse na aplicación. https://view.genial.ly/5e9b0e216326780e1d0a5e63/game-xogo-da-oca
. Nota. Os traballos poderán ser enviados pola aula virtual o por correo electrónico (VER INSTRUCIÓNS ) .
25 de mar. de 2020
TAREFA II - EDUCACIÓN FÍSICA (30 de marzo - 3 de abril)
| Programación 3º, 4º, 5º, 6º |
VER NORMAS PARA FACER UN BO CADRO VIVO (Inclúe ligazón de exemplo ben feito)
Os traballos de Cadros Vivos por motivos de dinamismo do blog poránse no blog de Dinamización na Etiqueta Cadros Vivos, para non repetir os vídeos nos dous blog. Algúns dos que están no E. Física ireinos cambiando ós poucos. POR FAVOR NON REPETIR CADROS XA TRABALLADOS
TAREFA
2 -
EDUCACIÓN FÍSICA
CADROS
VIVOS
(Traballo
de Expresión Corporal)
|
||||||
Investiga nas enciclopedias ou nos museos virtuais, escolle un cadro que
che guste e que poidas representalo, logo diante dunha cámara
contas o máis importante del. Envíao a efcampolongo @ gmail.
com
Podes participar ti só ou acompañado. Recorda que hai que gravalos en
galego. Procura escoller un cadro que
non se representara antes (ver listado nesta
táboa) .Nas ligazóns de abaixo tes moitos exemplos de como facelo.
Os traballos enviados deste tema poderán visualizarse nesta mesma táboa.
Nesta táboa tes algúns dos museos virtuais que podes
visitar
Recorda, antes de gravar escribe o que vas a dicir para que logo saia
mellor
Estos días iremos metendo nesta táboa máis imaxes de
cadros para axudar ó alumnado
|
||||||
LIGAZÓNS
PÁXINAS WEB
|
||||||
|
(Sección Arte)
|
||||||
MUSEOS
VIRTUAIS
|
||||||
CADROS
SOLTOS RECOLLIDOS NOUTROS CURSOS
|
||||||
|
|
||||||
EXEMPLOS DE TRABALLOS FEITOS
|
||||||
Curso 18-19
|
(Noelia - 5ºB)
|
|||||
13 de mar. de 2020
TAREFA 1 -Traballos de E. Física por confinamento coronavirus COVID-19 (3º, 4º, 5º e 6º)
| Programación confinamento |
(Recordamos que os traballos deben facerse en GALEGO) .
Aparte dos traballos voluntarios marcados para o 1º e 2º trimestre sobre EXPERIMENTOS (aínda hai algúns por facer) , para este tempo de corentena, por culpa do coronavirus COVID-19, temos outros posibles: Os de 6º primaria teñen que facer un traballo de primeiros auxilios. (Ver traballos doutros anos na Etiqueta Primeiros Auxilios deste blog). Vale calquera formato (cartolina, power point, etc). O que interesa é que o que se poña se aprenda "Pouco e bo, dúas veces bo". Polas circuntancias actuais teñen que ser individuais. Ó traballo pódese engadir preguntas para facer un posible Brincaletras (saber máis ). Pódense presentar máis traballos voluntarios se alguén quixer (poden ser ou non dos expostos abaixo). Para entregar os traballos en formato dixital ou para calquera dúbida utilizar os seguintes correos, profesor Rafa, efcampolongo1.2@gmail. com, e profesor Nito efcampolongo @ gmail.com (Estarán postos sempre neste blog arriba a esquerda).
Os demais cursos (3º, 4º e 5º) terán que escoller un traballo entre os aquí expostos.
Despois de unha hora de traballo teórico podes alternar con algo de práctica: Unha coreografía : MÓVETE - Outras de Galicia Plan Saudable - Abdominais - Estiramentos - Aprende pasos de baile tradicional - Máis xogos e enredos en "Enredamos coa E. Física" - Ver a actividade recomendada para os de 1º e 2º -VER TAREFA II
Despois de unha hora de traballo teórico podes alternar con algo de práctica: Unha coreografía : MÓVETE - Outras de Galicia Plan Saudable - Abdominais - Estiramentos - Aprende pasos de baile tradicional - Máis xogos e enredos en "Enredamos coa E. Física" - Ver a actividade recomendada para os de 1º e 2º -VER TAREFA II
Traballos para 3º, 4º, 5º e 6º
As ligazóns que hai postas son para información ou para ver modelos de traballos feitos |
1 - Cadros Vivos ( pódese facer en grupo)
|
2-Rueiro de Pontevedra: -A miña rúa ou Persoeiros rúas: Navegantes do
Atlántico, Escritores, Médicos, Políticos, Mulleres …
|
4-Árbores dun parterre dun xardín: da escola, do parque de Campolongo, do Paseo Urbano do Gafos. (ver Recursos)
|
6-Desplastifícate . Que está a pasar co plástico?
|
8 - Como debemos tomar o sol
|
9 - As Olimpiadas
|
Recorda: "Pouco e bo, dúas veces bo"
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


