12 de set. de 2020

Manual do uso de máscaras: podemos facelo mellor


 

Material para E. Física dos cursos (4º /5º / 6º e 3ºA)



 




Neste curso xuntáronse as dúas clases de E. Física polas circunstancias especiais do COVID (haberá unha clase á semana).  Para facilitar a dinámica da clase e por non poder compartir en xeral  o material e polo que vai a ser obrigatorio  traer:


1. Esterilla (ver modelo  colchoneta- esterilla en Decathlon  140 x 50 cm x  6.5 mm ). O custo dese modelo é de  2,59 € pero tamén é doado que non o haxa  Nalgúns comercios  véndese tamén por metro (máis ou menos a 3 €)


2. Corda de saltar (Aproximadamente de 1.5 m). Esta corda  da imaxe custa 1,30 € nos comercios asiáticos. 

3. Botella de auga (non se poden utilizar as fontes do cole, estarán sen servicio)

4. Toalla pequena

5. Neceser para gardar a máscara cando fixera falta. O xabón non é necesario, xa o temos nos dispensadores do baño.

*  Paquete COVID (Obrigatoria a máscara). É aconsellable un bote pequeno de hidroxel para ter no neceser. Os panos de papel son obtativos pois  no ximnansio temos papel pero ás veces  é cómodo telos se estamos fóra.


4 de set. de 2020

Xogos nun taboleiro de axilidade: desafíos individuais

Desafíos individuais
1- Andando polas celas andando
2- Trotando
3- Trotando lateral pisando cos dous pes na cela
4-Correndo por 2 columnas
5-Avanzamos por 2 columnas saltando cos pés xuntos en diagonal (zig-zag) con parada
6- Idem sen parar.
7- Pasamos por 2 columnas (der/esq) facendo 3 apoios en cada cadro e avanzamos en diagonal.
8- Avanzamos camiñando por 1 columna elevando os xeonllos.
9- Avanzamos camiñando por 1 columna (en 5 tempos), 2 pasos adiante e 1 atrás.
10- Avanzar a catro patas por 2 columnas separadas  (unha para mans e outra para pés)
11- Camiñar lateral por 2 columnas cruzando pernas por diante e por detrás
12- Idem máis rápido.
13- Avanzamos por 1 columna saltando a pata coxa
14- Avanzamos saltando por 3 columnas (tipo peletre)
15- Avanza por 2 columnas camiñando en círculos. Avanza 2 cadrados.
16- Idem, cambiando de sentido
17-Trota por 2 columnas en zigzag con 3 apois en cada cadrado
18- Trota por 3 columnas en zigzag con 2 apoios na do medio e 3 nas laterais
19- Baila por 3 columnas pisando a do centro e 1 lateral