From Saúdo Lusofonía |
A nosa escola, como centro que pertence ás Escolas Galegas Asociadas da UNESCO, traballa, entre outros, dende diferentes materias o YOGOTE, linguaxe de signos internacional. Nós dende a E. Física, e dentro do bloque de contidos de Expresión Corporal, tamén o facemos.
O vindeiro ano, 2013, celébrase o 60 aniversario das Escolas Asociadas da UNESCO; por tal motivo, un dos proxectos nos que estamos metidos é o de "Descubrindo a rede SEA-UNESCO a través dos Poemas do mundo" . O noso centro está a coordinar os do mundo da Lusofonía
.
Xa puxemos, como modelos, algúns dos traballos feitos no curso pasado, e neste curso comezamos con esta presentación para os paises que forman parte do proxecto da Lusofonía: Portugal, Brasil, Cabo Verde, Angola, Galiza ...
Axiña poremos o vídeo para saudar ós nosos compañeiros.
Despois de Nadal retomaremos este fermoso proxecto.
Neste poema podes ver os signos neste dicionario en liña. Despois de entrar hai que darlle a unha letra para que se vexa a numeración das palabras.
Artigo relacionado: "Utilización das Tics e novas propostas nos proxectos "

Ningún comentario:
Publicar un comentario