13 de xan. de 2013

Algúns puntos de interés do río Ghafos

Nesta imaxe temos algúns dos puntos de interés do noso río "Ghafos". Agora mesmo hai moitas obras e parte do paseo ou sendeiro  está inutilizado. Comentáronme que o Muíño de Cabanas está totalmente anegado por culpa das obras que se están a facer preto del.

Algúns dos puntos que non están indicados nesta imaxe-mapa son entre outros, algunhas pontes:

- Ponte  Boleira - Ponte da Estrada (ou dos Recíos)  - Ponte Taboada - Ponte nova  - Ponte Rebón

Ningún comentario:

Publicar un comentario