24 de abr. de 2013

Coplas para cantar no cole

6ºA
Ó colexio Campolongo
o mes de maio chegou,
 e os nenos de primeiro
 din que é o máis molón.

 Os ovos para xuntalos
déronnos moito traballo
as galiñas non poñían
 estaban todas no paro.

 Os mestres de Campolongo
 estanse modernizando
 con tanta tecnoloxía
 estamos abraiando.

  6ºB
Os versos de Campolongo
soan por todo Galicia
tódolos nenos e nenas
 recitamos con ledicia.

 Cantamos na boa vila
 coa Lingua da nosa terra
 alí onde nos vaiamos
 sempre imos defendela.

 Despedímonos do maio
 ata o ano que vén
estaremos no instituto
 e non sairá tan ben.

  6ºC 
Xa chegou a primavera
 pero só ó Corte Inglés
porque chove que non para
 temos aletas nos pés.

 Tamén houbo treboada
ma política nacional
 Crisis, folgas e máis sobres
Esto vai rematar mal.

 Xa nos temos que marchar
 para o ano volveremos
 aínda que nos recorten
 nesta praza cantaremos.



Máis sobre os maios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario