20 de maio de 2013

Xadrez na Escola


Esta semana está chea de Xadrez, xa tivemos unhas xornadas no Día das Letras Galegas, teremos o próximo venres 24 o IV  EDICIÓN DE XADREZ NA RÚA  (ver a terceira), que organizan varios centros de Pontevedra, entre eles, o CEIP Campolongo. E o sábado 25 competirán os clubes de Galicia e Portugal. Nós tamén na escola, faremos esta semana, nos recreos, un torneo rápido, tipo copa, o que perda queda eliminado. O que queira participar sen competir tamén o pode facer sempre e cando haxa taboleiros para todos.

Recordamos que temos que aprender os seguintes conceptos  de xadrez (xogadas): xaque, xaque mate, coronación, táboas, ilegal, enroque, comida ó paso, afogado ...

Todo esto podes aprendelo xogando connosco en:  Xogo EDILIM de Xadrez para iniciarse. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario