O noso premio Leixaprén deste curso foi para un deportista que xa fai lenda na historia do deporte galego e incluso a nivel internacional. Tres campionatos, o último, neste mes de setembro de 2013, na mesma casa dos maiores rivais que está a ter últimamente, os ingleses irmáns Brownlee.
Despois de case dez quilómetros, todo se ía decidir en 200 emocionantes metros finais, aos que Jonathan chegaba en cabeza. Entra o británico na recta de meta con todo o público ao seu favor, pero Javi Gómez Noya, nun final apoteósico, logra superalo a só uns metros da liña de meta. Gómez Noya acadaba así o seu terceiro título de Campión do mundo e convértese nunha lenda do deporte galego e mundial.
Javier Gómez Noya, cos sete mellores resultados que contan para a clasificacion final, sumou 4.220 puntos, e repite título mundial: 2008, 2010 e este, no 2013. Segundo, en Londres e na táboa final, foi Jonathan Brownlee, con 4.195 puntos. Terceiro foi o mallorquino Mario Mola, con 3.726 puntos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario