26 de set. de 2013

Árbores do Parque de Campolongo (Praza da Constitución)


LIBRO “As árbores da nosa cidade Parque da Constitución (Campolongo) Pontevedra. 

O primeiro nome é o científico que vai en latín, logo veñen os populares en galego. Podense ver dixitalmente na páxina web do concello, ou na etiqueta  Traballos deste blogue.

Ver fichas dalgunha árbores.

Número da páxinanº exemplares:

 - 18 (2) – Ginkgo biloba- Xinkgo - 22 (1) – Picea abies – Abeto vermello - 29(3) – Taxodium distichum – Alcipreste calvo, alciprés dos pantanos - 38 (1) – Acacia melanoxylon – Acacia de madeira negra. - 40 (2) – Acer negundo – Pradairo de América (preto da melaleuca?) - 42 (2)- Acer platanoides- Pradairo Real (3 no parque do cogomelo e 3 en Alcalde Hevia) - 46 (2)- Aesculus hippocasteneum – Castiñeiro de Indias, un de flor branca e outro vermella. - 48 (4)- Albizzia julibrissin – Acacia de Constantinopla - 54 (3)- Betula pendula - Bidueiros - 64 (1)- Callistemos citrinus – Limpatubos, limpabotellas - 68 (3)- Camellia japonica – Camelia, cameleira - 73 (1)- Catalpa bignonioides – Catalpa
- 86 (2) – Cordyline australis – Dracaena Australis – Drácena cordiline - 88 (1)- Cornus Florida – Corno - 104 (1)- Euonymus japonicus – Boneteiro, evónimo. - 105 (2) – Eupatorium ligustrinum – Eupatorio de follas de alfaneiro - 115 (2) - Fraxinus excelsior – Freixo - 118 (1) –Grevillea robusta – Carballo australiano - 119 (1)- Hybiscus syriacus – Hibisco, hibizo, rosa de Siria - 120 (1)- Ilex aquifolium – Acivro, acivo, acevicho, aciveiro, xarda, escornacabras - 122 (2) – Jacaranda mimosifolia – Xacarandá ou falso palisandro - 125 (1)- Laburnum anagyroides – Laburno dos Alpes (xa non está) - 133 (1)- Liquidambar formosana – Liquidambar de Formosa ou liquidambar chinés - 134 (1) – Liriodendrum – Árbore das tulipas - 135 (18) – Magnolia grandiflora – Magnolio/a -142 () – Melaleuca armillaris – Melaleuca (metrosideros), flor coma o do limpatubos - 143 (1) – Melia azedarach – Cinamomo, melia, árbore dos rosarios - 145 (1) – Morus Alba – Moreira - 150 (1) – Olea europea – Oliveira - 153 (7)- Phoenix canariensis – Palmeiras - 154 (1)- Photinicia serratifolia – Fotinia - 159 (10)- Populus alba – Chopo branco - 160 (3)- Populus nigra – Chopo negro - 161 (2)- Populus simonii- Chopo chinés - 164 (1)- Populus x euroamericana- Chopo híbrido de Canadá (preto do xintgo) - 182 (1) – Quercus suber – Sobreira, sobreiro, corticeira - 209 (4) – Ulmus glabra – Lamagueiro, ulmeiro.

Sen número de páxina. Temos que incluir varios pradairos que están nos ocos dos novos bancos de pedra que puxeron en fronte a igrexa.

NOTA. Só están as árbores do propio parque sen contar o Paseo Valle Inclán e as árbores que rodean a Igrexa de San Xosé.

Ningún comentario:

Publicar un comentario