Aparte das anteriores que ves na imaxe e que son as típicas nunha clase normal, tamén temos unhas cantas específicas nas clases de E. Física:
- Estirar antes e despois das clases sempre que esteamos a esperar polo mestre, tanto para iniciar a parte principal da clase, como para facer o cambio de clase, tanto dentro do pavillón como fora del.
- Non subir nin baixar da clase sen permiso do mestre.
- Non levar ás clases xoguetes ou obxectos que non son prescindibles.
- Levar camiseta de reposto e toalla para asearse un pouco e manter un mínimo de hixiene nas clases posteriores. Non é preciso na última clase do día, ás 13:10 h
- Levar sempre calzado deportivo adecuado, e un de reposto os días de chuvia.
- Aproveitar para beber ou ir ó baño no momento de chegar ó ximnasio e/ou tamén nos 5 minutos antes de toque o timbre no final da clase.
- Procurar non pisar as colchonetas co calzado posto, tanto deportivo como o normal.
- Levar axenda ou ibreta aqueles ós que o mestre llelo comunique.
NOTA. Algunhas destas normas poden ser diferentes dependendo do mestre que imparta as clases.
Ningún comentario:
Publicar un comentario