-Oliveira, unha por San Xoán e cen en Nadal
-Auga e lúa tempo de oliva
-Ano xeadeiro, ano aceiteiro
-Oliva "comía", carabuña á rúa
- Augas por San Xoán, quitan viño, aceite e pan
- Aceite e viño, bálsamo divino
- Aceite e romeu frito, bálsamo bendito
- Aceite e oliva ás veces, moita outras ningunha
- Aceite abundante bo ano por diante
- Aceite de oliva, todo mal quita
- Ao que aceite de oliva feito, tírolle proveito
- Cada moucho á súa oliva
- Casa do pai, viña do avó e oliveiral do bisavó
- Con aceite de candil, mil males curar vin
- Cando en inverno hai verán, nin viño, nin aceite, nin palla, nin gran
- O oliveiral e o poldro que os críe outro
- O que colle olivas antes de xaneiro, deixa o aceite no madeiro.
- O rancio é bo no viño, pero malo no aceite e no touciño
- O remedio da tía Mariquita: con aceite todo o quita.
- O viño quenta, o aceite alimenta.
- Flor da oliveira en abril, aceite para o candil.
- Flor de oliveira por San Xoán aceite para entallar.
- Flor da oliveira en maio, aceite para o ano
- Facendado con oliveiras, un ano en veludo e seis en coiros vivos
- A mellor cociñeira, a aceiteira
- A verdade como o aceite, queda sempre por enriba
- Oliveira, bruta que a forza de paus dá o seu froito
- Para ser extra virxe, da oliveira á prensa e da prensa á despensa
- Por Santa Catalina todo o aceite ten a oliva
- Quen ás propias oliveiras varea, ao seu propio caudal malla
- San Silvestre entalla o aceite
- Se algunha vez me esqueceses, pínchame aínda que non me ares.
- Se por San Xoán e San Pedro no teu oliveiral olivas atopas, unha aquí e outra alá, boa colleita haberá
- Se queres chegar a vello, garda aceite no pelello
- Sen terras e oliveirais que sería das cidades
- Viña a que plantares e oliveiral o que herdares
Ningún comentario:
Publicar un comentario