30 de out. de 2013

Lentinula edodes


Debuxo feito  por Adriana T. de 6ºA.  Ver máis debuxos

O shiitake (Lentinula edodes) é un cogomelo comestíbel nativo do leste de Asia. A especie é hoxe en día o segundo cogumelo comestíbel máis consumido no mundo, incorporado desde hai moito nos hábitos alimentarios dos pobos asiáticos. Recentemente, foi introducido para produción e consumo nos países occidentais.
Etimolóxicamente, traducido do xaponés (shiitake), sería "cogumelo do carballo".

Na Galiza é unha especie cultivada dende hai pouco polo que non ten un nome galego.

Este debuxo, xunto con outros,  particarán no concurso que fai este ano a Asociación Brincabois na XXXI Semana Micolóxica Galega, estarán expostos a semana que vén no local do Casino Mercantil, na Praza de Curros Enríquez.
Artigo relacionado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario