10 de nov. de 2013

Hypholomas e Macrolepiota procera



Hyphofoloma capnoides.  As que están cos kiwis. A súa presencia é durante case todo o ano, está  sobre madeira morta das árbores coníferas. Son comestibles pero hai que ter moito coidado porque se poden confundir  con outros hifolomas parecidos ou con a Panaelina foenisecci, non comestible ou quizais coa Galerina marginata, que é mortal. Distínguense, entre outras cousas por non ter láminas grises.

Macrolepiota Procera (choupín, zarrote, ....) Tamén comestible pero como case todas, tamén se pode confundir con outras, tal como a Lepiota aspera que non é comestible. Débese coller, para non confundirse cando son grandes, cun sombreiro de 20 cm, e cun anel móvil, temos garantido que é comestible.

NOTA. Non recoller nunca sen axuda dun esperto, pois xa se deron e dan casos continuamente de fortes intoxicacións e incluso de mortes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario