28 de nov. de 2013

Javier Gómez Noya no CEP Campolongo recordando o Premio Leixaprén


Recordades o Premio Leixapren ?

Pois si, foi o premio que a CGEDNL lle deu o triatleta  Javier Gómez Noya, tres veces  campión do mundo nesta modalidade,  un deles  este ano  2013,  gañando na casa dos seus máis directos rivais, os irmáns Brownlee, de Londres.

 O día da entrega do premio Leixapren , en xuño deste ano 2013, non puido acercarse ó noso centro para recollelo, delegando a recollida do mesmo no seu adestrador Omar González e a representante da Federación Galega de Triatlon, Alba Cuba,  pero quedáramos un pouco en broma, que a poder ser, nos tería que visitar algún día, a pesar do seu axetreado calendario deportivo. E dito e feito!

Este luns día 2 de decembro, de 10:00 h - 12:00 h teremos a agradable sorpresa de que este gran atleta fará de novo unha visita a nosa escola.

Virá a agradecer o agasallo que recibiu da CGEDNL e a animar a que todos fagamos un pouco de deporte para estar en forma,  e como non, a que nos apuntemos  na Escola de Triatlon que está funcionando xa na nosa escola polas tardes como actividades extraescolares.


Neste vídeo podedes ver a última carreira que o fixo  campíon do mundo por terceira vez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario