"Remigio Hevia Marinas. Foi o rexedor da capital en varios períodos, entre 1928-1930, 1939- 1942 e 1949-1952, isto é, en épocas de ditaduras e posguerra. Chegou a multar a súa propia nai por incumprir un bando de ornato, foi o que promoveu a restauración e recolocación da fonte dá Ferrería cara a 1928. Tamén lle debemos a inscrición, réplica dunha de finais do século XVI, que aínda campa nas fachada do Concello "Pontevedra fundor doTeucro... " Foi no seu momento promotor de obras de pavimentado, moitas das cales chegaron aos nosos días, como o empedrado da rúa Real, substituído hai poucos anos. Así mesmo moitos atribúenlle a Remigio Hevia a instalación dos coñecidos "monfortinos" eses pináculos de granito que embelecían os estremos da Ferraría e que están en paradoiro descoñecido malia a ser unha doazón á cidade de José Rodríguez. En fin, que a pesar de ser un alcalde non democrático aínda perdura a súa obra e recordo na cidade, xa que foi un gran valedor do municipio en épocas de escasos recursos e oportunidades, e así ten unha rúa dedicada á súa memoria no barrio de Campolongo. En moitos aspectos debería servir de exemplo aos que se dedican á xestión dos asuntos municipais."
Traballo feito por Pablo H. de 5ºB durante o curso 2013-14
Alcalde Hevia (o texto que segue foi traducido ó galego do artigo do Faro de Vigo)
"Se no seu tempo houbese eleccións municipais democráticas, tal e como hoxe están convocadas, con toda probabilidade Remigio Hevia Mariñas resultase elixido alcalde de Pontevedra por maioría absoluta. De feito, esa incuestionable aceptación popular valeulle a súa designación como primeiro rexidor en tres períodos ben distintos: 1928-1930, 1939-1942 e 1949-1952.
Ante as reiteradas peticións de máis información sobre a vida e obra deste home de aire anglosajón, recto, culto e atildado, que xa abordei no seu día ao contar a historia do inmueble situado en Michelena 30, considerei que ningunha data mellor para compracer a tantos lectores, que esta xornada tan especial da que sairá elixido o novo alcalde pontevedrés.
Remigio Hevia Mariñas, de profesión banqueiro, foi designado por primeira vez alcalde de Pontevedra o 4 de decembro de 1928 por votación unánime de todos os concelleiros. O seu primeiro tenente de alcalde foi Andrés Muruais e o segundo tenente de alcalde foi Gerardo Álvarez Limeses, outros dous pesos pesados do pontevedresismo, tamén repescados para a xestión municipal por aquel gobernador civil, José Batuecas, quen entón xa formaba bo tándem co presidente da Diputación, Daniel da Sota. Ata entón Remigio Hevia exercía como home de confianza do segundo marqués de Riestra e estaba á fronte de gran parte dos seus múltiples negocios, incluída a Banca Riestra.
Esta primeira estancia na alcaldía non durou máis que un ano longo, pero as festas de Peregrína de 1929 nunca habían ter tanto realce, nin contaran coa presenza de personalidades tan destacadas: o mismísimo xefe do goberno, Primo de Rivera; o ministro de Facenda, José Calvo Sotelo, que participou na procesión; o nuncio do Vaticano en España xunto co arzobispo de Santiago, o capitán xeral do departamento marítimo de Ferrol, e outras moitas personalidades. Aquel ano ata se celebrou en xullo unha corrida goyesca.
O celo de don Remigio polo ornato e a limpeza da cidade fixéronse patentes desde este primeiro mandato. Aquí empezou a debuxar os xardíns de Casto Sampedro fronte á Herrería, así como os xardíns de Vincenti, fronte á Alameda, que logo consolidou durante o seu segundo mandato. E á súa terceira etapa correspondeu a incorporación da estatua de Colón ao lugar onde segue hoxe situada, tras gestionar o seu traslado desde o invernadero do Centro Forestal de Lourizán. Hermosear Pontevedra foi sempre o seu obxectivo irrenunciable.
Durante os seus tres mandatos, a mellóra do abastecemento de augas constituíu outra gran prioridade. A primeiros de xullo de 1929 Hevia inaugurou catro fontes públicas no Burgo, Santa Clara, a Moureira e a estrada de Vigo, en servizo de nove da mañá a sete da tarde. E na súa segunda etapa trala guerra civil impulsou un proxecto de ampliación do caudal para embalsar ata 500.000 metros cúbicos de auga, que redactou o enxeñeiro Rafael Picou, nomeado pouco despois presidente da Diputación, e cuxa contratación anunciou o BOE tres días antes de irse da alcaldía por segunda vez.
A súa primeira etapa como regidor municipal soubo a pouco e deixou tan bo recordo na cidade, que o primeiro gobernador civil da postguerra, Manuel Gómez Cantos, propuxo a súa nova designación o 14 de xuño de 1939, logo confirmada polos seguintes gobernadores. Entón foi cando don Remigio desenvolveu o seu impronta especial, co mérito engadido de facelo cunha economía paupérrima: non deixou unha rúa sen pavimentar ou dotar de beirarrúas e iluminación eléctrica, á vez que favoreceu o desenvolvimiento de Pontevedra como cidade co levantamiento do seu plano topográfico, que non era outra cousa que un plan xeral de ordenación urbana.
A este tempo correspondeu a apertura dunha nova rúa entre Benito Corbal e Joaquín Costa, cuxa urbanización e alcantarillado correu a cargo de José Vieitez Arca, propietario daqueles terreos onde estivo situado o antigo campo de fútbol do Eiriña. Tamén reformou o Concello, ampliou o cemiterio de San Mauro e deixou adxudicada a nova praza de abastos, que se inaugurou en 1945 onde segue hoxe.
E a súa terceira e última estancia na alcaldía foi propiciada polo gobernador civil, José Solís Ruiz, no marco dunha gran remodelación política que alcanzou a 25 municipios pontevedreses. Solís non oíra falar máis que marabillas daquel home que tralo batacazo económico da familia Riestra xestionou unha fábrica de conservas en Covelo. Así que defendeu con entusiasmo a súa designación como alcalde.
A solucionar o problema da vivenda, que tanto preocupaba a Solís, dedicou todo o seu empeño o alcalde Hevia, mentres seguía incansable co seu labor de mellora en rúas e prazas. A esta etapa final correspondeu a urbanización da travesía entre Cobián Rofffignac e o Campo da Feira, hoxe Praza de Barcelos. E soñou con ver operativo un día o aeroporto que quería construírse entón na Lanzada."
Ver máis en Pontevedra.eu
Ver máis en Pontevedra.eu
Ningún comentario:
Publicar un comentario