Este xoves e venres os de 2º fixeron unha saída lixeira para ver os restos dos muíños que temos no paseo urbano do río "Ghafos" de Pontevedra. Un deles é o "Muíño do Meco", neste puidemos ver algunhas partes do muíño, os burato do inferno, o pé da moa e a moa. No segundo, o "Muíño do Coto", vimos tamén os tres buratos do inferno (onde ía o rodicio), a canle, o canleiro, a biqueira Aproveitamos para ver algunhas plantas e árbores que hai nas beiras do río, como por exemplo, "O amor de home", a "Primavera", "O trompeteiro" (flor do morcego), o xigante "Alciprés".... Paramos nunha carballeira e vimos unha casa dun morcego e algunha caixa niño de paxaros. Falamos das enchentes do río.
Artigo relacionado: Saída os de 3ºC
Ver as partes dun muíño
Ver o muíño do Peilán (Na parte final do río "Ghafos")
Curiosidades dunha marcha ata o muíño de Cabanas.
Presentación dunha ex-alumna dos Muíños de Auga na Galiza
Artigo relacionado: Saída os de 3ºC
Ver as partes dun muíño
Ver o muíño do Peilán (Na parte final do río "Ghafos")
Curiosidades dunha marcha ata o muíño de Cabanas.
Presentación dunha ex-alumna dos Muíños de Auga na Galiza
Ningún comentario:
Publicar un comentario