27 de xuño de 2015

Case 80 deportistas representarán a Pontevedra nos Xogos do Eixo Atlántico

O Teatro Principal acolleu este venres 26 de xuño  unha recepción oficial aos deportistas que representarán á cidade de Pontevedra na XI edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que se disputarán nas localidades portuguesas de Matosinhos, Porto e Vila Nova de Gaia entre os días 5 e 10 de xullo. En total, serán 78 os nenos e nenas que vestirán os colores de Pontevedra neste evento deportivo. Os deportes nos que participará a delegación pontevedresa son fútbol 7 masculino, baloncesto feminino e masculino, balonmán masculino, voleibol feminino, atletismo feminino e masculino e atletismo adaptado feminino e masculino Xunto aos deportistas -60 para competir en deportes colectivos e 18 para deportes individuais-, viaxarán a Portugal dous coordinadores municipais, 16 técnicos e dous fisioterapeutas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario