17 de set. de 2015

Xadrez sen fronteiras

Sábado día 19 de setembro de 2015  - a partir das 16.00hs.

A toda a comunidade xedrecística:   Europa enfróntase á peor crise de refuxiados desde a Segunda Guerra Mundial. Son centos de miles, millóns,  nenos, anciáns, mulleres, homes. Perdérono todo, foxen dunha guerra que como todas as guerras é cruel e inxusta.   Por iso, desde Xadrez sen Fronteiras e Escola Xadrez de Pontevedra, convidámolos a compartir a actividade de xadrez que se fará nunha das prazas de Pontevedra (confirmación axiña).

Contaremos tamén coa presenza de representantes de ACNUR (Alto Comisionado das Nacións Unidas para  os Refuxiados)

Non os ignoremos, que a palabra SOLIDARIEDADE cobre sentido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario