06/02/2017

Bádminton. Campión da Primeira Nacional 2016-2017




A liga Nacional de Primeira Nacional finalizou este fin de semana co rotundo triunfo do CB A Estrada. O equipo galego alzouse campión cun balance perfecto de 15 vitorias en 15 encontros, o que lle permite conseguir o título e o premio do ascenso ao Top-8 ao que volve tras o seu descenso na tempada 2013-2014.

Baiona foi o lugar onde o CB A Estrada conseguiu materializar unha tempada perfecta e alzarse campión da Primeira Nacional 2016-2017. Con base de xogadores de gran mocidade e futuro, nomes como Alejandro Nogueira, Manuel Brea ou Iván Darriba por parte masculino ou Elena Andreu, Ana Carbón e Raquel Miguens no feminino, aseguraron unha volta con todas as honras á máxima competición de clubs nacional. No Top-8 terán unha gran oportunidade de demostrar que a súa calidade e mocidade é totalmente exportable entre os mellores clubs nacionais. Ler máis
Equipo formado por: Raquel Miguens, Alex Nogueira, Manuel Brea, Iván Darriba, Miguel Sanluis, Ana Carbón, Elena Andreu, Noelia Gestoso, Eva Murio, Pablo Sanmartín, Marta Sanmartín  e Adrián Rey.  Ver nova no seu blog.      Artigo relacionado

Ningún comentario:

Publicar un comentario