
Os representantes do club Gimsport de Pontevedra, obtiveron un total de 15 medallas. Os representantes de Pontevedra destacaron, ademáis de polos logros obtidos, polo seu espiritú deportivo, parabéns campións!!. O kárate será deporte olímpico nas Olimpíadas de Tokio 2020.
En canto aos beneficios desta arte marcial orixinaria de Xapón, poden destacarse os seguintes:
1. Mellora a coordinación psicomotriz.
2. Desenvolve as destrezas, os reflexos e as reaccións.
3. Descarga enerxía.
4. Ensina educación, disciplina e respecto a todo o que nos rodea.
5. Favorece o aumento da concentración.
6. Axuda a coñecerse máis e controlarse a un mesmo.
7. Ensina valores fundamentais como a tolerancia e a responsabilidade.
8. Xera a confianza nun mesmo.
9. Desenvolve a forza, o equilibrio, a velocidade e a flexibilidade.
Pedro Sánchez Rodríguez 5ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario