3 de maio de 2020

TAREFA IV para 5º e 6º . Confinamento - 2 semanas (do 4 ó 15 de maio)

OBXECTIVO: Con 3 pompóns ou con pelotas pequenas, ou con calquera outro material lixeiro que caiba ben na man hai que conseguir lanzar os tres malabares  seguidos sen que caian. Ver exemplo .  Importante: Practicar moito.  As notas que se poñen aquí son orientativas,  só se contará para mellorar a nota que un ten xa de media até agora. Se se sacas menos puntuación que a que un ten non se terá en conta. Pasos a seguir para dominar a tarefa(Ver a progresión en vídeo). No vídeo as fases son para os 4º.    FASES PARA 5º E 6º:
FASE I 5 lanzamentos con 2 malabares coa MAN DOMINANTE (os diestros a dereita, os zurdos a esquerda): cando lanzo a primeira e antes de que caia teño que lanzar a segunda para coller a primeira e logo a segunda. Facendo esto 3 veces coa dereita sería un APROBADO -5  puntos
FASE II.  O mesmo que na Fase I pero agora  coa MAN CONTRARIA.  Esto sería u APROBADO -6.
FASE III10 lanzamentos con 2 malabares coa mesma man, e logo outros 10 lanzamentos coa outra man. Non se validaría se non se fai a FASE II. Esta fase sería un NOTABLE -7/8
FASE IV. 5 lanzamentos con 3 malabares.  Esta fase sería SOBRESALIENTE-9
FASE V:  10 lanzamentos con 3 malabares.  SOBRESALIENTE-10

NOTA: O alumnado que por calquera circunstancia non poida facer esta actividade pode elexir unha das 10 propostas que se indicou na TAREFA 1

Ningún comentario:

Publicar un comentario