12 de set. de 2020

Material para E. Física dos cursos (4º /5º / 6º e 3ºA)



 




Neste curso xuntáronse as dúas clases de E. Física polas circunstancias especiais do COVID (haberá unha clase á semana).  Para facilitar a dinámica da clase e por non poder compartir en xeral  o material e polo que vai a ser obrigatorio  traer:


1. Esterilla (ver modelo  colchoneta- esterilla en Decathlon  140 x 50 cm x  6.5 mm ). O custo dese modelo é de  2,59 € pero tamén é doado que non o haxa  Nalgúns comercios  véndese tamén por metro (máis ou menos a 3 €)


2. Corda de saltar (Aproximadamente de 1.5 m). Esta corda  da imaxe custa 1,30 € nos comercios asiáticos. 

3. Botella de auga (non se poden utilizar as fontes do cole, estarán sen servicio)

4. Toalla pequena

5. Neceser para gardar a máscara cando fixera falta. O xabón non é necesario, xa o temos nos dispensadores do baño.

*  Paquete COVID (Obrigatoria a máscara). É aconsellable un bote pequeno de hidroxel para ter no neceser. Os panos de papel son obtativos pois  no ximnansio temos papel pero ás veces  é cómodo telos se estamos fóra.


Ningún comentario:

Publicar un comentario