6 de out. de 2012

Remedios populares para queimaduras

Algúns remedios populares: 1) Cortar un anaco dunha folla fresca de aloe vera, aplicar directamente a súa polpa sobre a zona afectada ou, si se prefire, mediante unha gasa. O seu zume ten unha acción analxésica que mellorará a lesión e, ademais, facilitará a súa cicatrización. 2) Aplicar unha capa xenerosa de mel sobre a queimadura. O mel exerce un efecto analxésico e antibacteriano. 3) Extender aceite de oliva sobre a zona queimada, e logo rociar por riba un pouco de sal mariña. Ao principio, sentirase certo ardor, pero paga a pena, xa que evita a aparición da molestia da ampola. Finalmente, protexer cunha gasa e esparadrapo. 4) Aplicar yogur natural sobre as queimaduras pequenas, xa que favorece a súa cicatrización e a súa curación. 5) Aplicar directamente a clara dun ovo sobre a queimadura e deixar actuar durante media hora. Así impedirase que a pel se deshidrate. 6) Aplicar a pel transparente da cebola sobre unha queimadura pequena para evitar a ampola. 

Traballo feito no curso pasado por Pablo D. (6ºB)

Ningún comentario:

Publicar un comentario