9 de xan. de 2015

Badminton













Nesta 2ª avaliación, os de 3º,  5º e 6º  faremos Bádminton en Febreiro. Os rapaces teñen que traer  a súa raqueta cunha pluma ou volante. Non traer o material considérase  "Falta de indumentaria".

Aconsellamos que a raqueta sexa mercada nunha tenda deportiva para que a cordame sexa regulamentaria e non de tanza. A pluma ou volante teñen unha cinta que nos indica se son máis rápidas ou non. A normal é de cinta azul. Non pasa nada se é doutra cor.

Na etiqueta deste blogue de Xogos Lim, hai unha actividade para coñecer mellor este deporte.

Esta nota está posta  nas etiquetas "Bádminton" e "Aula"  (arriba), por se nalgún momento non sabedes onde pode estar este artigo.

As probas que se farán para avaliar este deporte son:
1ª - O saque .
2ª - Control da pluma
3ª - Control do golpeo da pluma contra unha parede.
4º - Diferentes golpeos xogando con outro compañeiro ou co mestre.
5º - Coñecemento do deporte (historia, regulamentación).  (Só para os do ciclo superior)  Ver Xogo Lim

Tres das probas avaliables  son individuais, e por suposto, pódense e débense practicar tamén fora do horario escolar:

Ningún comentario:

Publicar un comentario