
Nuns días de descanso que está a ter o olímpico canoeiro cangués David Cal, achegouse a nosa escola co obxectivo de animar os rapaces a practicar este deporte que xa leva anos implantado en Pontevedra. Axiña volverá ó Brasil, onde está adestrando para intentar acadar unha nova medalla. Agora mesmo xa ten 5 medallas olimpicas, que o fai o olímpico español máis laureado.
Na escola presentounos dous vídeos, un deles foi a final o da última medalla de prata en Londres, logo o alumnado de 6º fíxolle un montón de preguntas, e para rematar o acto fixemos unhas fotografías e asinou unha morea de autógrafos.
Ver máis fotos
Ningún comentario:
Publicar un comentario