Estes días estar a facer unha exhibición de trompo por Pontevedra un dos mellores xogadores que se coñecen, Carlos Solís. Cos "trucos" que el chama, o dormilón, o boomerang, o "columpio", a cóbrega, a ponte, o helicoptero, o ascensor, o telesférico ... está maravillando a todo alumnado que ata agora puido velo. Aproveita estas clases para invitar a todos aqueles que queiran a participar nunhas sesións e talleres en diferenes sitios.
De momento a forma de contactar con el para xogar é:
Os luns: Na Pasarela ás 19:00 h, e as 20:00 h no Badulaque (fronte as ruínas de Santo Domingo)
Os venres: Na Peregrina (na fonte do neno) as 19:00 h, e as 20:00 h, na Praza de Barcelos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario