30 de maio de 2015

VI Edición Xadrez na Rúa - 2015


O Xadrez na Rúa deste venres 29 de maio contou coa participación de varios centros escolares: CEP Campolongo, CEIP Vidal Portela,  CEIP Xunqueira II ... , nunha xornada que serviu tamén de reivindicación no obxectivo de que este deporte teña unha maior presenza no ensino.

Ademais a presente edición conta cun  carácter solidario, non só pola tradicional recollida de alimentos en favor do Comedor de San Francisco, senón pola visita de Álvaro Van Den Brule, socio fundador de Xadrez Sin Fronteras e que levou este deporte a escolas de lugares como Etiopía ou Alxeria.

Pola súa banda o PonteXadrez citou 400 xogadores de todas as categorías, dende a Sub-8 ata a Absoluta, nun torneo que forma parte do Circuíto Galego Escolar.

Ver  fotos   (sacadas de Pontevedra Viva)

Ningún comentario:

Publicar un comentario