Este mércores 3 de xuño a Avenida Monteiro Ríos de Pontevedra volverá inundarse de baloncesto co torneo 3x3 na rúa organizado polo Arxil. Será a décimo cuarta edición do torneo, que se formula como unha xornada de promoción da práctica deportiva entre os máis pequenos. A intención do club verde é poder superar a cifra de 1.200 escolares que participaron no 3x3 o pasado ano.
Confirmaron a súa presenza: Calasancias, Doroteas, San José, San Bieito de Lérez, Froebel, Barcelos, Campolongo, Carballal Marín, Manuel Vidal Portela, Álvarez Limeses, Amfiv e Asociación Virgen de la O.
A intención do Arxil é instalar en Monteiro Ríos 30 canastras nas que os escolares xogarán unha media de cinco partidos.
Artigo relacionado:
Equipos 2015
3x3 - 2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario